CONSELLERÍA
DE SANIDADE
Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se
aproba a oferta de emprego
público das categorías de persoal estatutario
licenciado sanitario do Servizo Galego
de Saúde para o ano 2008.
De conformidade coas previsións contidas na Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, así como do
Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, para a convocatoria periódica de procedementos
de selección de persoal que garantan
os principios constitucionais de igualdade,
mérito e capacidade no acceso, procede afrontar a
oferta de emprego público de persoal
estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.
O ámbito da
dita oferta circunscríbense as categorías de persoal estatutario de licenciados sanitarios incluídas no anexo deste decreto.
En
consecuencia, tendo en conta
as prazas vacantes nas
distintas categorías ou especialidades de persoal estatutario licenciado sanitario que afectan o funcionamento dos servizos
públicos esenciais, de conformidade
co previsto no artigo 30 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de
Galicia para o ano 2008, cómpre a aprobación da
oferta de emprego público relativa ás categorías de persoal
estatutario licenciado sanitario do
Servizo Galego de Saúde
para o ano 2008.
Na súa virtude,
por proposta da persoa
titular da Consellería de Sanidade, logo da negociación coa
representación sindical no seo da Mesa de Negociación
do Persoal Sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma e
logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de agosto do dous mil oito,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Aprobación da oferta de emprego público.
De conformidade co disposto no
artigo 13.8º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de
marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, así como no artigo 30 da
Lei 16/2007, do 26 de decembro,
de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, apróbase a oferta de emprego
público do persoal estatutario das institucións sanitarias do Servizo
Galego de Saúde para o ano
2008 das categorías de persoal licenciado sanitario incluídas no anexo deste decreto.
Artigo 2º.-Cuantificación da oferta de emprego público.
Na oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos con asignación
orzamentaria que non poden ser cubertas
con efectivos de persoal existentes segundo a
distribución que se detalla no anexo deste decreto.
Artigo 3º.-Sistema de selección.
De conformidade co establecido no artigo 6.1º do Decreto
206/2005, do 22 de xullo antes citado, en todas as
categorías ou especialidades que se convoquen o
sistema de selección será o de concurso-oposición.
Artigo 4º.-Composición dos tribunais
de selección.
A
composición dos tribunais de selección será paritaria
para o conxunto da oferta de emprego
público do Servizo Galego
de Saúde.
De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, a pertenza aos órganos de selección será sempre
a título individual, polo que non se poderá pertencer a eles en representación ou
por conta de ninguén.
Artigo 5º.-Promoción interna.
1. Reservarase un cincuenta por cento
do total das prazas convocadas en cada categoría ou especialidade para a súa provisión polo sistema de promoción interna.
Non
obstante o anterior, poderá establecerse unha reserva inferior cando así veña
xustificado pola
planificación eficiente das necesidades, polas
características específicas da categoría ou especialidade ou pola propia titulación requirida
para o acceso.
2. Cando o
resultado da aplicación da citada porcentaje dea un
resto igual ou superior a 0,5 prazas,
computarase como unha praza que se incluirá nesta
reserva.
3. As prazas non cubertas acumularanse ao sistema de acceso
libre.
Artigo 6º.-Persoas
con discapacidade.
1. Nos
procesos selectivos para o ingreso nas categorías ou especialidades de persoal
estatutario do Servizo Galego
de Saúde serán admitidas as persoas
con discapacidade nos termos previstos neste artigo e demais normativa
aplicable.
As
convocatorias non establecerán exclusións por limitacións psíquicas e/ou
físicas sen prexuízo das incompatibilidades co
desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.
2. De conformidade co establecido na
disposición adicional sétima do Decreto lexislativo
1/2008, do 13 de marzo antes citado, reservarase unha cota non inferior ao sete por cento das vacantes
ofertadas para seren cubertas
por persoas con discapacidade,
considerando como tales as definidas no artigo 1.2º da Lei
51/2003, do 2 de decembro, de igualdade
de oportunidades, non-discriminación e accesibilidade
universal das persoas con discapacidade,
sempre que superen os procesos selectivos e acrediten
a súa discapacidade así
como a compatibilidade no desempeño das súas funcións, de modo que,
progresivamente, se acade o dous
por cento dos efectivos totais
da Administración da Xunta de Galicia.
A reserva farase sobre o cómputo total das vacantes incluídas nesta oferta de emprego público e
poderán concentrarse as prazas reservadas para persoa con
discapacidade naquelas
convocatorias que se refiran a categorías ou especialidades cuxo desempeño
se adapte mellor ás
peculiaridades das persoas con discapacidade,
podéndose excluír desta reserva aquelas categorías ou especialidades que se consideren incompatibles coas tarefas ou
funcións que requiran os postos de traballo, sen que a
cota de reserva total se vexa alterada.
Cando da
aplicación da porcentaxe resulten fraccións
decimais, redondearase por
exceso para o seu cómputo.
O número de
prazas reservadas quedará recollido
na correspondente
convocatoria.
Se as prazas reservadas e que foron cubertas polas persoas con discapacidade non acadasen a taxa do tres por cento das prazas convocadas, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite máximo do doce por cento.
4. As
probas selectivas realizaranse en condicións
de igualdade co resto dos aspirantes de promoción
interna ou de acceso libre, segundo corresponda.
Non
obstante o anterior, no desenvolvemento das probas
selectivas estableceranse, para as persoas con discapacidade que o
soliciten, as adaptacións e axustes
razoables necesarios de tempo e de medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde
PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola
que se establecen criterios xerais para a adaptación
de tempos adicionais nos procesos selectivos para o
acceso ao emprego público
de persoas con discapacidade,
para asegurar que estas persoas participen en condicións de igualdade. Nas convocatorias indicarase
expresamente esta posibilidade, así como que os
interesados deberán formular a correspondente
petición concreta na solicitude
de participación.
Para tal
efecto, os tribunais de selección poderán
requirir informe e, se é o caso, colaboración dos
órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou
dos órganos competentes.
5. Con anterioridade ao nomeamento, e unha vez superado o
proceso selectivo, o Servizo Galego
de Saúde poderá requirir, respecto das persoas
que acceden por esta cota de reserva, ditame do
órgano competente sobre a compatibilidade do
candidato para o posto de traballo
ou sobre as adaptacións deste.
6. As
convocatorias deberán incluír a posibilidade
de que, unha vez cubertas
as prazas desta cota, os
aspirantes que superasen o proceso selectivo pero non obteñan
praza pola cota de reserva poidan optar, en igualdade de condicións, ás prazas do sistema de acceso libre.
7. Os
aspirantes que superasen o proceso selectivo pola
cota de prazas reservadas a persoas
con discapacidade poderán
solicitar ao órgano convocante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas
dentro do ámbito territorial que se determine na
convocatoria, por motivos de dependencia persoal,
dificultades de desprazamento ou
outras análogas, que deberán ser debidamente
acreditados. O órgano convocante decidirá a devandita
alteración cando estea debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima
modificación na orde de
prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.
Artigo 7º.-Acreditación do coñecemento
da lengua galega.
Para lle dar cumprimento á
normalización do idioma galego e garantir o dereito dos usuarios dos distintos servizos
sanitarios do Servizo Galego
de Saúde ao seu uso, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, terá que acreditarse o coñecemento
da lingua galega nos termos que establezan
as correspondentes convocatorias.
Artigo 8º.-Comisións
ou grupos de traballo.
1. O órgano
convocante, en atención ao elevado número de
aspirantes, poderá nomear comisións ou grupos de traballo para realizar as tarefas
auxiliares de carácter técnico ou organizativo que lle sexan encomendadas, sen que a
súa actuación afecte as competencias e a autonomía
dos tribunais de selección.
2. Os membros destas comisións ou grupos de traballo absteranse de intervir no procedemento cando se
dea algunha das
circunstancias previstas no artigo 28.2º da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común.
3. Os membros das comisións ou grupos de traballo percibirán
as asistencias previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño,
sobre indemnizacións por razóns
de servizo ao persoal con destino na
Administración autonómica de Galicia ou norma que a substitúa.
Para tal
efecto, serán clasificados conforme o artigo 26.2º do devandito
decreto.
Disposición adicional
As
convocatorias adaptaranse ás
previsións da Lei 7/2004,
do 16 de xullo, para a igualdade
de mulleres e homes, en relación coas
condicións de emprego da
Administración pública.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase a persoa titular da
Consellería de Sanidade para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento deste decreto.
Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de
Compostela, vinte e oito de
agosto de dous mil oito.
Emilio
Pérez Touriño
Presidente
María
José Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade
ANEXO
|
Categoría/especialidad |
Total |
|
602 |
|
|
Odontólogo/a A.P. |
24 |
|
Pediatra A.P. |
25 |
|
Farmacéutico/a A.P. |
3 |
|
Médico/a coordinador/a 061 |
2 |
|
Alergoloxía |
3 |
|
Análises clínicas |
4 |
|
Anatomía patolóxica |
5 |
|
Anestesioloxía e reanimación |
36 |
|
Anxioloxía e cirurxía vascular |
1 |
|
Aparello dixestivo |
4 |
|
Cardioloxía |
12 |
|
Cirurxía
cardiovascular |
1 |
|
Cirurxía oral e maxilofacial |
2 |
|
Cirurxía ortopédica e traumatoloxía |
23 |
|
Cirurxía pediátrica |
1 |
|
Cirurxía plástica,
estética e reparadora |
2 |
|
Cirurxía torácica |
3 |
|
Cirurxía xeral e do aparello dixestivo |
16 |
|
Dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía |
2 |
|
Endocrinoloxía e nutrición |
3 |
|
Farmacia hospitalaria |
5 |
|
Hematoloxía e hemoterapia |
5 |
|
Medicina do traballo |
3 |
|
Medicina física e rehabilitación |
5 |
|
Medicina intensiva |
9 |
|
Medicina interna |
25 |
|
Medicina preventiva e saúde pública |
1 |
|
Médico urxencias hospitalarias |
43 |
|
Microbioloxía e parasitoloxía |
3 |
|
Nefroloxía |
4 |
|
Neurofisioloxía clínica |
3 |
|
Neuroloxía |
12 |
|
Obstetricia e xinecoloxía |
20 |
|
Oftalmoloxía |
16 |
|
Oncoloxía médica |
6 |
|
Oncoloxía radioterápica |
1 |
|
Otorrinolaringoloxía |
7 |
|
Pediatría e as súas áreas específicas |
18 |
|
Pneumoloxía |
3 |
|
Psicoloxía clínica |
4 |
|
Psiquiatría |
14 |
|
Radiodiagnóstico |
11 |
|
Radiofísica hospitalaria |
2 |
|
Reumatoloxía |
4 |
|
Uroloxía |
3 |
|
Xeriatría |
1 |
|
TOTAL |
1.002 |