Telefonista.
Parte común.
Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes
fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A
Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das
Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios
do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde.
Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda
da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de
traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime
disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación
colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección
de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias
sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A
ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de
dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A
ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos
de dirección.
Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de
prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais
do Sergas.
Parte
específica.
Tema 9.-Sistemas de
comunicación dun centro sanitario: clases e características. Incidencia sobre
o funcionamento do centro.
Tema 10.-A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación.
Diferenza entre información e comunicación. Tipos de comunicación. Atención ao
público: acollida e información ao usuario.
Tema 11.-A Lei orgánica
15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal:
disposicións xerais; protección de datos; dereitos das persoas; ficheiros de
titularidade pública.
Tema 12.-Tarxeta sanitaria:
características fundamentais, alcance e contido.
Tema 13.-Funcionamento das
institucións sanitarias. Servizo de documentación clínica hospitalaria. Servizo
de Admisión. Servizo de Atención ao Paciente.
Tema 14.-Centrais
telefónicas: características e funcionamento.
Tema 15.-O posto de
operador/a: funcións.
Tema 16.-Tarificación
telefónica: notas definidoras e características.
Tema 17.-Sistema Ibercom:
características e funcionamento.
Tema 18.-Centrais de
intercomunicación: características e funcionamento.
Tema 19.-Equipos de
buscapersoas: características e funcionamento.
Tema 20.-Equipos de
radioenlaces: características e funcionamento.
Tema 21.-Equipos de
megafonía: características e funcionamento.
Tema 22.-Actuación do
operador/a: prioridades que hai que ter en conta na execución das súas
funcións.
Tema 23.-Comunicacións de emerxencia: secuencias de actuación.
Tema 24.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos,
base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.