Odontólogo/a
PARTE COMÚN
Tema 1.
A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e
deberes fundamentais dos/as españois/as. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.
Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento.
A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3.
A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características.
Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e
deberes dos/as usuarios/as do sistema sanitario público.
Tema 4.
O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de
saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e
perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada
de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime
disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación
colectiva.
Tema 5.
O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión
e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e
licencias.
Tema 6.
A Lei de Saúde de Galicia. O Sistema sanitario de Galicia.
Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo
Galego de Saúde.
Tema 7.
A Atención Primaria da Saúde: concepto e características
xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características
xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de
Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.
Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas institucións
sanitarias e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de
prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde.
PARTE ESPECÍFICA
Tema 9.
Estatística Sanitaria. Parámetros
estatísticos. Razón, taxas, índices, axustes e estandarización de taxa. Índices
que definen unha distribución: Medidas de centralización e dispersión. Test de
hipóteses. Significación estatística. Aspectos básicos de estatística
inferencia e descritiva. Principios, métodos e aplicacións á odontoloxía.
Tema 10.
Epidemioloxía. Concepto. Medidas de
frecuencia, asociación e de impacto. Epidemioloxía descritiva, analítica e
experimental. Tipos de estudos. Características do deseño. Ensaios clínicos.
Epidemioloxía en odontoloxía.
Tema 11.
Demografía sanitaria. Demografía
estática e dinámica .Análise de datos. Métodos de identificación de problemas
de saúde. Indicadores demográficos, socioeconómicos, do nivel de saúde, medioambientais. Elaboración de programas de saúde e a súa
avaliación.
Tema 12.
Historia clínica en odontoloxía.
Anamnese e antecedentes. Exploración. Exames complementarios. Diagnóstico,
prognóstico e plan de tratamento.
Tema 13.
Concepto de historia natural da
enfermidade dental. Determinantes da saúde bucodental. Concepto de odontoloxía
preventiva e comunitaria. Niveis de prevención. Principios da prevención e da
promoción da saúde.
Tema 14.
Medición da enfermidade en
odontoloxía comunitaria. Enquisas de saúde bucodental. Diagnóstico en
odontoloxía. Variabilidade diagnóstica. Índices máis utilizados.
Tema 15.
Prevención de riscos laborais en
odontoloxía. Identificación e prevención de riscos .Prevención da transmisión
de enfermidades na clínica odontolóxica.
Tema 16.
Programa de Saúde Bucodental.
Actividades de Prevención e Promoción da Saúde Bucodental.
Tema 17.
Técnicas radiolóxicas de uso común en
odontoloxía. Normas de protección radiolóxica. Outras técnicas de imaxe en
odontoloxía. Diagnóstico diferencial dos procesos dentarios, óseos e dos
tecidos brandos do aparello estomatognático.
Tema 18.
Caries dental: Concepto, etioloxía, patoxenia e anatomía patolóxica. Formas topográficas da
caries. Diagnóstico, prognóstico e tratamento. Detección do risco de caries.
Tema 19.
Prevención da caries dental. Placa
bacteriana. Métodos de remoción mecánica da placa e de control químico con
axentes antimicrobianos. Consello dietético.
Tema 20.
Os fluoruros en odontoloxía.
Mecanismos preventivos do fluor. Selladores de
fisuras. Bases científicas. Indicacións e técnicas.
Tema 21.
Programas preventivos
individualizados da carie na clínica odontolóxica. Programa preventivo básico e
en función do risco do enfermo. Enfermos de alto risco. Importancia do reforzo.
Programas preventivos bucodentais para grupos específicos .Persoas con
discapacidade física ou psíquica.
Tema 22.
Patoloxía pulpar:
pulpitis reversibles e irreversibles. Necrose pulpar. Patoloxía periapical.
Tema 23.
Bases biolóxicas para a restauración
dental. Tratamento do complexo dentino pulpar. Tratamentos conservadores da vitalidade pulpar. Protección pulpar
directa. Protección pulpar indirecta. Grandes reconstrucións
do grupo anterior e posterior.
Tema 24.
Tratamentos endodónticos.
Apicoformación. Apicectomía.
Quistectomía. Anatomía, fisioloxía, diagnóstico e
preparación biomecánica. Técnicas de obturación radicular. Materiais.
Accidentes e complicacións. Restauración do dente desvitalizado.
Muñons e pernos intrarradiculares.
Tema 25.
Descrición e tratamento das lesións endoperiodontales combinadas. Síndrome do dente fisurado ou estalido radicular.
Tema 26.
Defectos conxénitos e adquiridos do
esmalte e a dentina. Diagnóstico e tratamento. Fluorosis
dental.
Tema 27.
Materiais empregados nas
restauracións dentais: conceptos básicos. Propiedades fisicoquímicas e
biolóxicas. Aplicacións básicas. Resinas e adhesivos dentinarios.
Tema 28.
Enfermidade periodontal.
Concepto. Clasificación. Etioloxía. Epidemioloxía. Índices periodontales
máis usados. Clínica. Diagnóstico e Tratamento. Detección do risco de
enfermidade periodontal. Enfermos de alto risco.
Tema 29.
Prevención e control mecánico e
químico da placa bacteriana. Programas preventivos individualizados da
enfermidade periodontal na clínica odontolóxica.
Motivación do enfermo periodontal. Importancia do
reforzo.
Tema 30.
A intervención cirúrxica. Estudos preoperatorios. Tempos operatorios en cirurxía bucal
Hemostase. Técnicas de sutura.
Tema 31.
Indicacións das diferentes técnicas
anestésicas en cirurxía bucal. Administración de anestesia local: tópica, por
presión, inxectable. Infiltración ou inxección troncular:
no arco mandibular e no arco maxilar.
Tema 32.
Contraindicacións e efectos
secundarios da anestesia local. Fracasos e complicacións da anestesia local.
Prevención e tratamento das complicacións.
Tema 33.
Anestesia xeral e tratamento
odontolóxico. Tipos de anestesia xeral. Indicacións. Clasificación ASA para
anestesia.
Tema 34.
Exodoncia,
indicacións e contraindicacións. Uso adecuado do instrumental para a exodoncia. Tratamento e pautas de conduta despois da exodoncia. Accidentes e complicacións da exodoncia. Extracción de dentes deciduos.
Tema 35.
Exodoncia de restos
radiculares. Exodoncias complexas. Exodoncia cirúrxica. Odontosección:
técnicas e indicacións. Exodoncias de dentes
supernumerarios.
Tema 36.
Dentes incluídos: cordales,
caninos e outros. Estudo clínico-radiolóxico.
Patoloxía do terceiro molar. Patoloxía, clínica e tratamento do terceiro molar
incluído.
Tema 37.
Infección odontóxena:
concepto, etioloxía, bacterioloxía clínica, vías de propagación, cadros
clínicos, complicacións sépticas: celulite, osteíte e osteomielite. Diagnóstico
e Tratamento.
Tema 38.
Cirurxía periapical.
Indicacións. Técnicas cirúrxicas.
Tema 39.
Quistes dos maxilares. Quistes odontoxénicos. Quistes non odontoxénicos.
Pseudoquistes.
Tema 40.
Frenectomía. Cirurxía
preprotésica. Vestibuloplastia.
Alveoloplastia.
Tema 41.
Traumatismos alvéolo dentarios e dos
maxilares. Diagnóstico das fracturas craniofaciais.
Tratamento de emerxencia.
Tema 42.
Traumatoloxía dentaria. Concepto,
clasificación. Lesións inmediatas e tardías. Prevención dos traumatismos
dentais e diagnostico.
Tema 43.
Tratamento das lesións traumáticas
(I).Avaliación do dente lesionado. Reimplante dentario: indicacións e técnica.
Dentes temporais lesionados: consideracións especiais. Grao de reabsorción
radicular. Estabilización de dentes lesionados. Indicacións de ferulización do grupo anterior.
Tema 44.
Tratamento das lesións traumáticas
(II).Problemas de espazo. Mantenedores de espazo.
Tipos de restauracións temporais. Prevención de Infeccións e tétanos.
Tratamento da dor.
Tema 45.
Morfoloxía e función da mucosa e submucosa da cavidade bucal: proxección clínica. Estrutura
e Funcións. Particularidades da mucosa da lingua e o labio. Aspectos
inmunolóxicos da mucosa bucal.
Tema 46.
Lesións elementais macroscópicas e
microscópicas da mucosa bucal: concepto, clasificación e proxección clínica.
Tema 47.
Lesións da mucosa bucal por axentes
mecánicos, físicos, químicos e medicamentos.
Tema 48.
Biopsia en Odontoestomatoloxía.
Indicacións e tipos.
Tema 49.
Hiperplasias e tumores benignos dos
tecidos brandos bucais: tecido conectivo, muscular, adiposo, nervioso, dos
vasos e outros.
Tema 50.
Lesións premalignas
da cavidade bucal.
Tema 51.
Cancro bucal: epidemioloxía, etiopatoxenia factores predisponentes,
determinantes. Diagnóstico e prevención .Carcinoma de células escamosas. Carcinoma Verrugoso. Carcinoma de células
Fusiformes. Melanoma. Tumores derivados do Tecido Conectivo. Tumores metastásicos. Prevención do cancro oral desde a Atención
Primaria.
Tema 52.
Infeccións por cocos e bacilos: impétigo, queilite angular,
granuloma Telangiectásico, celulites, gingivitis ulceronecrotizante
aguda.
Tema 53.
Infeccións específicas da mucosa
oral: Sífilis. Tuberculose. Lepra. Actinomicose.
Tema 54.
Doenzas víricas con repercusións en
odontoloxía: Herpes Simple, Herpes Varicela-Zoster, Herpangina, Papilomavirus. Virus
de Epstein-Barr, Citomegalovirus.
Tema 55.
Infeccións por fungos da mucosa oral:
clasificación das micoses. Clínica, diagnóstico e tratamento. Candidiase.
Tema 56.
Lesións ulceradas da mucosa oral:
aftas e aftosis. Lesións vesiculo
ampollosas orais: pénfigo, penfigoide,
epidermólise ampollosa,
Eritema exudativo multiforme. Doenza de Behçet.
Tema 57.
Ligue plano oral: cadro clínico,
exploracións complementarias, evolución e tratamento.
Tema 58.
Manifestacións orais das enfermidades
autoinmunes: clínica, diagnóstico, prognóstico e
tratamento.
Tema 59.
Morfoloxía das glándulas salivales. Alteracións do fluxo salival.
Desordes traumáticos e obstrutivos: mucoceles e sialolitiase.
Tema 60.
Enfermidades infecciosas e
inflamatorias das glándulas salivales. Sialoadenite. Síndrome de Sjögren.
Tema 61.
Desordes dexenerativos glandulares: sialodenose, oncocitose, sialometaplasia necrotizante.
Patoloxía salivar en enfermos infectados por VIH.
Tema 62.
Patoloxía da lingua. Glosopatías non clasificadas.
Tema 63.
Dor músculo esquelético masticatorio e dor vascular. Dor neuróxeno
e neuropatías: neuralxia do trixémino. Outras neuralxias esenciais do macizo craneofacial.
Tema 64.
Manifestacións das desordes da
hemostase. Diátese hemorráxica. Manexo do enfermo odontolóxico con alteracións
da hemóstase. Manexo do enfermo odontolóxico en
tratamento anticoagulante ou/e antiagregante.
Tema 65.
Consideracións odontolóxicas no
paciente con trastornos cardiovasculares. Profilaxe da endocardite bacteriana.
Tema 66.
Consideracións odontolóxicas no
paciente con enfermidades hepáticas e/ou insuficiencia renal.
Tema 67.
Consideracións odontolóxicas no
paciente con enfermidades metabólicas. O paciente diabético.
Tema 68.
Manifestacións orais das desordes do
metabolismo endócrino, de principios inmediatos e vitaminas.
Tema 69.
Consideracións odontolóxicas no
paciente con desordes neurolóxicos. Párkinson e enfermidade de Alzheimer.
Tema 70.
Consideracións odontolóxicas no
paciente en tratamento oncolóxico. Efectos secundarios da quimioterapia e
radioterapia na área cervicofacial. Prevención.
Tema 71.
Manifestacións orais das enfermidades
hematolóxicas: anemias, policitemias, linfomas,
leucemias, leucocitose.
Tema 72.
Manifestacións orais da infección por
VIH: diagnóstico, prognóstico e tratamento. Principais enfermidades
relacionadas.
Tema 73.
Prevención e control das infeccións
cruzadas no gabinete odontolóxico, técnicas de barreira. Asepsia. Indicacións e
metodoloxía. Protocolos de actuación perante accidentes biolóxicos.
Tema 74.
Actitude do neno na consulta
odontolóxica. Técnicas de manexo da conduta en odonto-pediatría.
Tema 75.
Erupción dentaria. Cronoloxía e
alteracións. Exame radiográfico. Dentes Supernumerarios: mesiodens.
Tema 76.
Crecemento e desenvolvemento craneofacial no neno. Normalidade e patoloxía.
Tema 77.
Maloclusiones: concepto
e etiopatoxenia. Factores locais, xerais e hábitos.
Niveis de prevención. Medidas preventivas en pacientes con tratamento ortodóncico. Prevención, diagnóstico e tratamento das maloclusiones en pacientes intervidos de fisura palatina,
labio leporino e malformacións esqueléticas.
Tema 78.
Mantemento do espazo en dentición
decidua. Efectos e consecuencias da perda prematura da dentición temporal
Tema 79.
Antibióticos, antiinflamatorios,
analxésicos e antisépticos de uso frecuente en odontoestomatoloxía.
Indicacións, posoloxía, contraindicacións e efectos secundarios. Instrucións
para a correcta formalización do tratamento.
Tema 80.
Consideracións odontolóxicas na
embarazada.
Tema 81.
Odontoxeriatría.
Principais problemas bucodentais nas persoas maiores. Prevención e tratamento.
Tratamento odontolóxico no paciente polimedicado.
Tema 82.
Articulación Temporomandibular.
Anatomía. Fisioloxía do movemento oclusal. Fisioloxía
do movemento da apertura oral. Exploración. Técnicas de diagnóstico pola imaxe.
Tema 83.
Disfuncións craneomandibulares:
fisiopatoloxía, clínica, exploración, diagnóstico e tratamento. Desordes funcionais
dos músculos da masticación.
Tema 84.
Desordes inflamatorios e
dexenerativos do complexo articular temporomandibular.
Lesións traumáticas e luxacións do complexo articular temporomandibular.
Tema 85.
Displasias e
distrofias óseas: enfermidade de Paget, displasias fibrosas, Osteolise
masiva, distrofias e displasias hereditarias,
metabólicas e hormonais.
Tema 86.
Tumores osteoxénicos
e outras tumoracións óseas.
Tema 87.
Tumores odontoxénicos
benignos e malignos.
Tema 88.
Procesos neoformativos
dentarios. Concepto e clasificación: dentinarios, Pulpares e cementarios.
Tema 89. Urxencias
en odontoestomatoloxía. Prevención, diagnóstico e
tratamento. Técnicas de reanimación cardiopulmonar.
Tema 90. O tabaco como factor de risco nas enfermidades bucodentais. Papel do odontólogo no tratamento do tabaquismo.