Traumatoloxía e cirurxía ortopédica.

Parte común:

Tema 1.    A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2.       Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

Tema 3.       A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4.       O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5.       O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

Tema 6.       A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7.       A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8.       Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

Parte específica:

Tema 9.       As fracturas. Concepto. Terminoloxía. Clasificación. Clínica. Consolidación. Diagnóstico por imaxe. Fractura patolóxicas. Fracturas de stress. Fracturas obstétricas.

Tema 10.    Tratamento das fracturas. Principios xerais. Tratamento ortopédico. Tratamento cirúrxico.

Tema 11.    Fracturas pediátricas. Particularidades anatomoclínicas e terapéuticas.

Tema 12.    Complicacións das facturas. Síndromes compartimentais. Contractura isquémica de Volkmann. Osteomielite. Gangrena gasosa. Distrofia reflexa postraumática. Embolia graxa. Retardo de consolidación e seudartrose. Vicios de consolidación. Rixideces e anquilose. Miosite osificante postraumática. Necroses asépticas postraumáticas.

Tema 13.    Politraumatizado. Concepto de politraumatizado, polifracturado e fracturado múltiple. Prioridades. Tratamento de urxencia.

Tema 14.    Luxacións. Concepto. Escordadura. Subluxación. Luxación inveterada. Luxación recidivante. Sinovite e hemartrose traumática. Principios xerais para o seu diagnóstico e tratamento.

Tema 15.    Traumatismos das partes brandas. Contusión. Feridas. Hemorraxia serosa. Lesións musculares. Tendinosas, vasculares e nerviosas. Bursite traumática. Principios xerais para o seu diagnóstico e tratamento.

Tema 16.    Cintura escapular. Fracturas de clavícula. Fracturas de omoplata. Luxación acromioclavicular. Luxación esternocostoclavicular. Supraelevación conxénita da escápula.

Tema 17.    Ombro. Fracturas do úmero proximal. Luxación glenuhumeral. Luxación recidivantes de ombro. Rotura do manguito rotar. Tendinites e bursites tramáticas do ombro. Periartrite escapuloumeral.

Tema 18.    Brazo. Facturas da diáfise umeral. Roturas musculares.

Tema 19.    Cóbado. Fracturas da extremidade distal do úmero. Fracturas da extremidade proximal do cúbito e do radio. Luxación do cóbado. Pronación dolorosa. Bursite traumática. Sinostose radiocubital. Epicondilite. Epitrocleite.

Tema 20.    Antebrazo. Fracturas diafisarias do cúbito e do radio. Fractura-luxación de Monteggia e Galeazi. Fracturas distais do antebrazo (colles, Smith, Hutchinson, Rhea-Barton, conminutas). Retracción isquémica de Volkmann.

Tema 21.    Pulso. Fractura do escafoides. Luxación do semilunar. Fractura e luxacións dos restantes ósos do carpo. Escordaduras de pulso. Síndrome rotacional do escafoides carpiano. Estiloidite radical. Enfermidade de De Quervain. Enfermidade de Mdelung. Enfermidade de Kiemböck. Síndrome do túnel carpiano. Síndrome do túnel de Guyón.

Tema 22.    Man. Fractura-luxación de Bennett. Fractura de Rolando. Fracturas dos metacarpianos segundo ao quinto. Fracturas das falanxes. Luxacións e escordaduras carpometacarpianas, metacarpofalánxicas e interfalánxicas, lesións tendinosas, vasculares e nerviosas. Sindactilia. Polidactilia. Dedo en resorte. Enfermidade do Dupuytren. Tenosinivite e ganglións.

Tema 23.    Parálise do plexo branquial e dos nervios do membro superior.

Tema 24.    Cintura pelviana. Fracturas illadas de coxal e do sacro. Fracturas e luxacións coccíxeas. Fracturas estables do anel pelviano. Fracturas inestables do anel pelviano e fractura-luxacion. Fracturas do acetábulo. Fractura-luxación central da cadeira. Lesións asociadas intrapélvicas. Osteopatía dinámica da pube. Tendinite dos adutores.

Tema 25.    Cadeira. Fracturas da cabeza do fémur. Fracturas subcapitais (clasificacións de Garden e Pauwels). Fracturas transcervicais, basicervicais, pertrocantéricas e subtrocantéricas. Fracturas trocantéreas. Luxación traumática coxofemoral. Displasia laxante e luxación conxénita da cadeira. Coxa vara. Enfermidade de Perthes. Epifisiolise femoroproximal. Cadeira en resorte. Sinovite fugaz da cadeira. Algodistrofia descalcificante coxofemoral.

Tema 26.    Coxa. Fracturas da diáfise femoral dos músculos da coxa.

Tema 27.    Xeonllo. Fracturas da extremidade discal do fémur (condíleo, intercondíleas e supracondíleas). Fracturas da extremidade proximal da tibia. Fractura da rótula. Fracturas do peroné proximal. Luxación traumática da rótula. Luxación do xeonllo. Luxación tibio-perónea proximal. Lesións meniscais. Lesións ligamentosas. Rotura de tendón do cuádriceps. Rotura do tendón rotular. Rotura dos tendóns flexores mediais e do tendón distal do bíceps. Bursite traumática genu valgo, genu varo, genu recurvatum. Anomalías conxénitas dos meniscos e quistes meniscais. Higroma prerrotuliano. Quistes poplíteos. Condropatía da rótula. Luxación e subluxación conxénita da rótula subluxación habitual da rótula. Enfermidade de Osgood-Schlatter. Xeonllo do saltador. Osteocondrite disecante. Enfermidade de Larsen-Johansson da rótula.

Tema 28.    Perna. Fracturas da diafise da tibia e do peroné. Lesións musculares. Rotura do tendón de Aquiles. Síndromes compartimentais da perna.

Tema 29.    Nocello. Fracturas do nocello. Escordaduras. Luxación do nocello. Luxación dos tendóns peróneos.

Tema 30.    . Fracturas do calcáneo. Fracturas de astrágalo. Luxacións do astrágalo. Fracturas dos restantes ósos tarsianos. Fracturas luxacións tarsometatarsianas. Fracturas metatarsianas e das falanxes. Luxacións metatarsofalánxicas e interfalánxicas. zambro conxénito e paralítico. cav. insuficiente. plano. Enfermidade de Köhler II. Metatarsalxia. Neurona de Morton. Tatalxia. Fascite plantar. Exostose calcánea. Enfermidade de Sever (epifisite calcánea). Enfermidade de Haglund. Bursite retrocalcánea e calcánea posterior. Retracción da aponeurose plantar. xiboso. Hallux valgus. Dedo en martelo. Exostose subungueal do dedo gordo. Uña encarnada. Síndrome do túnel tarsiano.

Tema 31.    Parálise dos nervios do membro inferior.

Tema 32.    Fracturas e luxacións da columna cervical.

Tema 33.    Fracturas da columna dorsolumbar.

Tema 34.    Tetraplexía e paraplexía traumática. Principios de tratamento.

Tema 35.    Traumatismo do tórax. Fracturas costais. Fracturas do esterno. Complicacións viscerais dos traumatismos torácicos.

Tema 36.    Afeccións conxénitas e adquiridas non traumáticas. Espiña bífida. Tortícole conxénita. Síndrome de Klippel-Feil. Costela cervical. Sacralización e lumbarización. Espondilolise e espondilolistese. Escoliose. Cifose. Lordose. Inversión das curvas vertebrais. Enfermidade de Scheuermann. Mal de Pott. Outras espondilites. Hernia discal. Síndrome cervicobraquial. Síndrome lumbociático. Síndrome lumbocrural.

Tema 37.    Osteítes e artrites infecciosas.

Tema 38.    Artrose.

Tema 39.    Tumores mioesqueléticos e lesións seudotumorais. Tumores primitivos. Tumores metastáticos.

Tema 40.    Outras osteopatías non traumáticas (Osteoporose. Necroses asépticas).

Tema 41.    Outras artropatías non traumáticas (Reumáticas: artrite reumatoide, espondiloartritis anquilopoxética e outras artropatías afíns; artropatías metabólicas, neuropáticas, hemofílicas).