Radiofísica hospitalaria.
Parte común:
Tema 1. A
Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais
dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2. Estatuto
de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento.
A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3. A Lei
Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das
Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios
do sistema sanitario público.
Tema 4. O
Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do
Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de
persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos
e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario.
Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5. O
persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de
prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema 6. A Lei de
saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das
administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7. A
Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da
Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da
atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.
Saúde Laboral: concepto. Principais
riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de
prevención de riscos laborais do Sergas.
Parte específica:
Tema 9.
Ampliación de física de radiacións. Estrutura da materia. Radiacións
ionizantes e non ionizantes. Radioactividade. Interacción
da radiación coa materia (fotóns
e partículas). Efectos físicos da radiación.
Tema 10.
Metroloxía e dosimetría das radiacións.
Técnicas e instrumentación. Fundamentos de metroloxía.
Teoría da medida. Incertezas e tolerancias. Sistemas de medida. Técnicas e
instrumentos. Concepto de dose e kerma.
Teoría da cavidade de Bragg-Gray. Magnitudes dosimétricas e as súas
relacións. Bases físicas dos diferentes sistemas de
medida da radiación: calorimetría, dosimetría química, detectores de gas,
cámaras de ionización, detectores de escintileo,
dosímetros de termoluminiscencia, semicondutores,
dosimetría fotográfica, dosímetros portais,
dosimetría por xeles. Sistemas de dosimetría
utilizados na práctica hospitalaria.
Tema 11.
Fundamentos de anatomía e fisioloxía humanas e
oncoloxía. Bases de anatomía. Bases de fisioloxía. Órganos e sistemas. Identificación de estruturas anatómicas na imaxe clínica. Bases de oncoloxía:
epidemioloxía, etioloxía...
Bioloxía do proceso tumoral. Clasificación de
tumores. Modalidades de tratamento do cancro.
Tema 12.
Fundamentos de radiobioloxía. Introdución á bioloxía molecular
e celular. Reposta dos tecidos á radiación a nivel
molecular e celular. Efectos deterministas e estocásticos. Dano
celular e curvas de supervivencia celular. Resposta
macroscópica do tecido á radiación. Resposta de tumores e tecido
normal á radiación a niveis terapéuticos. Dependencia
co fraccionamento, a taxa e
o volume. Modelos radiobiolóxicos.
Dose de tolerancia e probabilidade
de control tumoral. Efectos dose-volume.
Modelos TCP (Tumor Control Probability) e NTCP
(Normal Tissue Complication
Probability). Aplicacións na práctica clínica. Bases biolóxicas
do risco radiolóxico. Carcinoxénese,
riscos xenéticos e somáticos para os individuos expostos e para a poboación.
Efectos da radiación no embrión e no feto.
Tema 13.
Fundamentos da imaxe médica. Física da
formación de imaxes. Principios básicos das
diferentes modalidades de imaxe clínica. Tratamento de imaxes: filtros,
algoritmos de reconstrución... Avaliación
da calidade de imaxe:
función de transferencia, ruído, resolución e
contraste. Sistemas de transmisión de imaxes.
Protocolos DICOM (Dixital Imaging and
Communications in Medicine). Procesamento de imaxes médicas. Fusión de imaxes.
Subtracción de imaxes.
Sistemas de almacenamento e xestión
de imaxes médicas.
Tema 14.
Estatística. Estatística descritiva.
Distribucións de probabilidade.
Parámetros fundamentais. Teoría da mostraxe. Estimación estatística.
Teoría estatística das decisións.
Aplicación ao cálculo de incertezas. Teoría da
correlación. Deseño de estudos
clínicos.
Tema 15.
Fundamentos sobre garantía e control de calidade.
Definición de calidade, garantía de calidade, control de calidade,
estándares de calidade. Xestión
de calidade. Normas nacionais
e internacionais de calidade.
Programas de garantía de calidade e control de calidade.
Tema 16.
Bases científicas da protección radiolóxica.
Magnitudes e unidades en Protección radiolóxica.
Detección da radiación en protección radiológica. Xustificación
e optimización: principio ALARA (As Low As Reasonably
Available). Principios básicos da limitación de dose.
Tema 17.
Equipos de medida da radiación e contaminación radioactiva. Tipos e
características. Control de calidade do equipamento de medida. Calibracións
e verificacións.
Tema 18.
Regulacións, recomendacións e normas.
Administración e organización da protección radiolóxica.
Organizacións e normas nacionais
e internacionais. Lexislación
nacional e internacional. Deseño de instalacións. Cálculo de blindaxes.
Xestión da seguridade radiolóxica.
Tema 19.
Estimación do risco radiolóxico. Avaliación do risco radiolóxico
en función da actividade. Vixilancia
da radiación: clasificación de áreas e de persoal. Procedementos operativos de cada unha
das áreas de traballo segundo o tipo de fontes e equipos empregados.
Medida e control de doses persoais.
Sistemas de dosimetría persoal. Historiais
dosimétricos.
Tema 20.
Xestión de materiais radioactivos.
Manipulación del material radioactivo. Transporte. Estudo
e valoración de contaminacións. Xestión
de residuos. Plans de emerxencia.
Tema 21.
Equipos de tratamento e imaxe.
Unidades de raios X de quilovoltaxe.
Unidades de cobalto. Aceleradores lineais de electróns. Sistemas de imaxe en
unidades de tratamento. Simuladores: convencionais, de TC, virtuais.
Sistemas de imaxe para localización.
Tema 22.
Dosimetría física. Caracterización e estudo de
feixes de radiación. Definición de condicións de referencia e terminoloxía.
Determinación da dose en feixes
de fotóns e electróns
segundo os diferentes protocolos existentes. Especificación da dose de referencia na práctica
clínica. Dosimetría relativa: a) variación da dose ao longo do eixe do feixe: rendemento en profundidade, b) variación da dose
perpendicularmente ao eixe
do feixe: perfís, penumbra,
planitude, simetría, c) factores de campo:
contribución da radiación dispersa do cabezal e do manequín,
d) parámetros de caracterización de feixes de fotóns e electróns, e) distribucións de dose 3D, f)
efecto dos modificadores do feixe (cuñas físicas e virtuais, compensadores... ), g) métodos de adquisición e
transferencia de datos para os sistemas de planificación e requirimentos
de cada sistema.
Tema 23.
Adquisición de datos do paciente. Técnicas de simulación. Posicionamento do paciente. Sistemas de inmobilización.
Adquisición de imaxes (sistemas radiográficos, TC, RM,...).
Contornos. Sistemas de adquisición. Control de calidade
do proceso de obtención de imaxes. Localización de volumes e órganos críticos. Fusión de imaxes
para localización tumoral.
Tema 24.
Sistemas de planificación e cálculo de dose.
Dosimetría clínica. Especificación de dose e volumes. Recomendacións internacionais (ICRU50, ICRU62...). Parámetros e funcións que interveñen no
cálculo da dose. Principios da planificación manual e
con ordenador. Cálculo de unidades monitor. Sistemas de planificación
computadorizados. Algoritmos de cálculo (1 D, 2 D, 3 D). Ferramentas
na planificación 3D: BEV, dRR,
HDV. Optimización e avaliación da planificación.
Verificación de cálculos dosimétricos. Transmisión de imaxes
e datos. Rexistro e arquivo
(recomendacións internacionais).
Tema 25.
Técnicas de radioterapia externa. Técnicas convencionais:
a) campos regulares e irregulares, b) modificadores do feixe:
cuñas, bolus e compensadores, c) colimación do feixe: bloques, multiláminas, d)
efectos da oblicuidade, contigüidade
e superposición de campos, e) efectos da heteroxeneidade,
f) conceptos de normalización e ponderación dos feixes,
g) campos fixos e terapia de movemento
(arcoterapia...). Técnicas avanzadas: a) 3 D conformada, b) feixes
non coplanares, c) radioterapia de intensidade modulada (IMRT). Técnicas especiais:
a) campos extensos: irradiacións totais
corporais con fotóns e electróns, b) feixes estreitos: radiocirurxía e
radioterapia estereotáxica fraccionada, c)
radioterapia intraoperatoria, d) tratamentos
con feixes de partículas pesadas.
Tema 26.
Verificación de tratamentos. Verificación
inicial do posicionamento do paciente e da
planificación do tratamento no simulador ou na unidade
de tratamento. Comprobación con imaxes
portais. Precisión xeométrica,
reproducibilidade e métodos de verificación.
Dosimetría in vivo. Sistemas de rexistro e
verificación.
Tema 27.
Garantía e control de calidade. Selección de
equipos: a) definición de específicacións técnicas,
b) comprobación de características, c) probas de aceptación, de referencia e de
constancia do equipamento. Control de calidade: a) instrumentación e equipos de medida, b)
unidades de tratamento, c) sistemas de planificación,
d) simuladores, e) dosimetría clínica. Revisións
periódicas de cálculos e parámetros de tratamento. Revisións das fichas individuais
de tratamento. Deseño e
realización de programas de garantía de calidade nos
aspectos asociados ao equipamento
e a dosimetría. Normas e recomendacións de calidade nacionais e internacionais en radioterapia externa.
Tema 28.
Equipos e fontes de braquiterapia.
Tipos de radionúclidos. Fontes radiactivas
encapsular: características, selección e deseño de fontes. Aplicadores. Sistemas de carga diferida (LDR, HDR,
PDR). Equipos de calibración de fontes. Sistemas de imaxe para braquiterapia.
Especificación de fontes: a) caracterización da
emisión das fontes: actividade,
taxa de kerma en aire de
referencia, b) definición do rendemento das fontes (protocolos nacionais e internacionais), c) métodos de dosimetría.
Tema 29.
Técnicas de tratamento. Selección de fontes. Preparación de fontes. Procedementos de traballo. Aplicacións de carga directa. Aplicacións
de carga diferida (manual e automática). Implantes permanentes e temporais. Aplicacións estándar:
implantes de baixa taxa de dose, sistemas de implantación e de cálculo de dose clásicos: sistema de París, de Manchester... Extensión
a outros tipos de implantes: HDR, PDR. Técnicas especiais: intracoronaria,
implantes permanentes de sementes, implantes
oftálmicos, implantes estereotáxicos.
Tema 30.
Planificación de tratamentos e cálculo de dose. Formalismos xerais. Estrutura xeral dos sistemas de
planificación de braquiterapia e datos necesarios
para a configuración dos sistemas de planificación. Sistemas de toma de datos e
localización de fontes. Algoritmos de reconstrución. Algoritmos de cálculo. Optimización e avaliación da planificación. Especificación de dose e volumes de acordo con protocolos internacionais.
Sistemas de cálculo de dose clásicos: sistema de
París, de Manchester...
Tema 31.
Garantía e control de calidade. Selección de
equipos: definición de específicacións, comprobación
de características, probas de aceptación, de referencia e de constancia.
Control de calidade: instrumentos e equipos de
medida, fontes e aplicadores, unidades de tratamento, sistemas de planificación e cálculo, accesorios
utilizados para a reconstrución espacial do implante,
sistemas de imaxe, dosimetría clínica. Deseño e realización de programas de garantía de calidade nos aspectos asociados ao
equipamento e a dosimetría. Normas e recomendacións de calidade nacionais e internacionais en braquiterapia.
Tema 32.
Tratamentos con fontes non encapsuladas. Procedementos de terapia. Elección do radionúclido
e do radiofármaco. Propiedades físicas, cinética e
distribución. Consideracións radiobiolóxicas.
Técnicas dosimétricas. Procedementos xerais no manexo desta clase de fontes.
Tema 33.
Fundamentos. Produción de raios
X, espectro enerxético e parámetros que o modifican.
Formación da imaxe de raios
X, contraste, artefactos. Colimación, radiación dispersa, gradicelas.
Xeometría da imaxe radiográfica,
amplificación, distorsión.
Tema 34.
Equipos. Tubos e xeradores de raios X. Propiedades. Cadea de imaxe: a) placa radiográfica, características da película
radiográfica, pantallas de reforzo, procesadoras, negatoscopios, b) intensificadores de imaxe,
c) sistemas receptores de imaxe dixital:
cR, detectores de panel plano, etc. Características
dos equipos de radiodiagnóstico: radiográficos, tomógrafos convencionais,
mamógrafos, equipos dentais, telemandos, arcos cirúrxicos, equipos vasculares e de hemodinámica,
tomógrafos computadorizados (TC).
Tema 35.
Introdución aos principais
procedementos. Estudos
simples: proxeccións máis
frecuentes. Estudos complexos: urografías, estudos dixestivos. Estudos de mamografía. Radiografía dental. Procedementos intervencionistas: vasculares e de
hemodinámica. Estudos de TC.
Tema 36.
Dosimetría física. Dosimetría do feixe de
radiación en radiodiagnóstico: rendemento, sistemas
de medida: cámaras de ionización, detectores de semicondutor,
dosímetros de termoluminiscencia, películas
radiográficas. Caracterización do feixe: filtración
total, calidade do feixe,
equipos para a medida da tensión, a corrente e o
tempo, analizadores compactos (multímetros).
Tema 37.
Garantía e control de calidade. Selección de
equipos: definición de específicacións, comparación
de características. Probas de aceptación, de establecemento
do estado de referencia inicial e de constancia do equipamento.
Parámetros xeométricos, dosimétricos e de calidade de imaxe. Deseño e realización de programas de garantía de calidade en radiodiagnóstico (normas e recomendacións
de calidade nacionais e internacionais). Control de calidade
da instrumentación de medida: calibración e intercomparación.
Tema 38.
Dosimetría de pacientes. Indicadores de dose: dose na superficie de entrada, produto dose-área, produto dose-lonxitude.
Niveis de referencia. Estimación de dose en órganos de pacientes: métodos e programas de
cálculo. Dosimetría en procedementos de alta dose: dose de interese.
Tema 39.
Fundamentos. Radisótopos empregados e
características dos radionucleidos. Obtención dos radionucleidos. Radiofármacos.
Captación dos radiofármacos polo organismo: período biolóxico efectivo. Estudos morfolóxicos e funcionais. Exploracións gammagráficas máis frecuentes e radiofármacos
usados. Principios físicos da tomografía computadorizada por emisión de fotón
único (SPECT). Principios físicos da tomografía por emisión de positróns (PET). Estatística e erros de contaxe.
Tema 40.
Equipos. Activímetros. Gammacámaras:
planares, sistemas SPECT e PET. Contadores gamma.
Contadores beta. Sondas intraoperatorias. Programas
de análise de imaxe e funcións. Cámaras de multi imaxe. Procesadoras.
Tema 41.
Garantía e control de calidade. Selección de
equipos: definición de específicacións e comparación
de características. Probas de aceptación, de establecemento
do estado de referencia inicial e de constancia do equipamento.
Control de calidade da instrumentación de medida.
Garantía de calidade do equipamento
e da imaxe, control de calidade
periódico. Normas e recomendacións nacionais e internacionais de calidade en medicina nuclear.
Tema 42.
Dosimetría de pacientes. Dosimetría interna: métodos de cálculo, modelos
estándar de distribución de radiofármacos. Dosimetría
clínica e doses típicas nos procedementos
estándar de diagnóstico. Actividades de referencia.
Tema 43.
Fundamentos de ultrasóns. Natureza
dos ultrasóns. Propagación. Transdutores.
Aplicacións clínicas en diagnóstico e en terapia.
Formación e tratamento de imaxes.
Descrición xeral dos
equipos. Garantía e control de calidade. Efectos biolóxicos e seguridade.
Tema 44.
Fundamentos de resonancia magnética. Campo magnético e imáns, propiedades magnéticas da materia. Conduta dun núcleo atómico baixo un campo magnético, excitación e relaxación.
Obtención de imaxes, artefactos. Aplicacións
clínicas. Espectroscopia. Efectos biolóxicos e seguridade. Compoñentes dun equipo de resonancia magnética. Garantía e control de calidade.
Tema 45.
Outros usos das radiacións no ámbito
hospitalario. Radiacións ionizantes nos laboratorios
e centros de investigación asociados aos hospitais. Radiacións non
ionizantes en fisioterapia e rehabilitación: fundamentos sobre as radiacións utilizadas (onda curta, microondas,...) e
fundamentos dos equipos de raios láser. Tipos de
equipos, aplicacións terapéuticas, riscos e seguridade e garantía de calidade.