Temario Electricista
Parte común.
Tema 1.- A Constitución española: Principios fundamentais,
dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na
Constitución.
Tema 2.- O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A
Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3.- A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e
características. Competencias das Administracións públicas en relación coa
saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.- O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos
de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición
e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal.
Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario.
Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e
negociación colectiva.
Tema 5.- O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo.
Permisos e licencias.
Tema 6.- A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de
Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O
Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.- A Atención Primaria da Saúde:
concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na
Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada:
concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na
Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.- Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e
medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos
laborais do Sergas.
Parte
específica.
Tema 9.-
Electrotecnia: os fenómenos eléctricos,
magnéticos e electromagnéticos e as súas aplicacións. Leis de Ohm e de Joule
xeneralizadas para corrente alterna. Circuítos eléctricos de corrente alterna
formados por impedancias conectadas en serie paralelo. Correntes alternas
trifásicas: características. Conexións en estrela e en triángulo.
Tema 10.-
Medidas nas instalacións eléctricas. Medidas eléctricas nas instalacións
de baixa tensión. Magnitudes eléctricas: tensión, intensidade, resistencia e
continuidade, potencia, resistencia eléctrica das tomas de terra. Instrumentos
de medidas e características. Procedementos de conexión. Procesos de medidas.
Tema 11.-
Manobra, mando e protección en media e baixa tensión: xeneralidades.
Interruptores, disiuntores, seccionadores,
fusibles, interruptores automáticos magnetotérmicos,
interruptores diferenciais.
Tema 12.-
Cálculos nas instalacións eléctricas de baixa tensión: Previsión de
potencias, sección de condutores, procedementos normalizados de cálculo das
instalacións de baixa tensión.
Tema 13.-
Representación gráfica e simboloxía nas instalacións eléctricas: normas
de representación. Simboloxía normalizada nas instalacións eléctricas. Planos e
esquemas eléctricos normalizados. Topoloxía. Interpretación de esquemas
eléctricos nas de interior.
Tema 14.-
Mantemento de máquinas: transformadores. Pilas e acumuladores. Máquinas
eléctricas rotativas de corrente continua: xeradores e motores. Máquinas
eléctricas rotativas de corrente alterna: xeradores e motores.
Tema 15.-
Grupos electróxenos: procesos de arranques e paradas dun grupo
electróxeno. Protección do grupo: alarmas. Medidas eléctricas. Mantemento de
grupos electróxenos.
Tema 16.-
Automatismo e cadros eléctricos: cadros eléctricos. Esquemas de potencia
e mando. Mando e regulación de motores eléctricos: manobras. Arranque dun motor
en conexión estrela-triángulo. Autómata programable: campos de aplicación.
Tema 17.-
Instalacións de electrificación de vivendas e edificios: instalacións
eléctricas de baixa tensión. Definición e clasificación. Acometida, caixa xeral
de protección, liña repartidora. Contador de enerxía eléctrica,
centralizacións. Derivación individual. Instalacións de interior de vivendas.
Instalacións de megafonía. Instalacións de sinal de televisión. Instalacións de
telefonía interior e intercomunicación. Instalacións
de cableado estruturado: voz e datos.
Tema 18.-
Instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación: redes
eléctricas de distribución. Centro de transformación. Instalacións de enlace,
partes e elementos que as constitúen. Tarifación
eléctrica. Transmisión de información nos sistemas eléctricos, área de
aplicación.
Tema 19.-
Regulamento electrotécnico de baixa tensión: instalacións
de posta a terra. Instalacións en locais de pública concorrencia. Prescricións
particulares para as instalacións eléctricas dos locais con risco de incendio
ou explosión. Instalacións en locais de características especiais. Instalacións
con fins especiais (ITC-BT-31, 32), instalacións con fins especiais
(ITC-BT-38). Instalacións xeradoras de baixa tensión.
Tema 20.-
Baterías de condensadores e sistemas de alimentación ininterrompida (SAIs). Funcións e aplicacións de cada un. A súa
manipulación e mantemento.
Tema 21.-
Centrais de alarmas de incendios: sistemas convencionais e intelixentes.
Definición. Sistemas hidráulicos: interconexión cun
sistema de alarmas. Iniciadores e anunciadores: diferentes tipos. Detectores de
fume: fotoeléctricos e iónicos. Probas aos sistemas de alarmas contra
incendios.
Tema 22.-
Instalacións de sistemas de automatización, xestión técnica da enerxía
para vivendas e edificios.
Tema 23.-
Revisións eléctricas en quirófanos e áreas especiais: monitor detector
de fugas. Postas a terra. Condutores de equipotencialidade.
Tomas de corrente e cables de conexión. Proteccións de diferenciais e magnetotérmicos. Chans antielectrostáticos.
Iluminación. Medidas de resistencias. Transformadores de illamentos. Controis
periódicos.
Tema 24.-
Instalacións de pararraios: conceptos xerais. Normativa de aplicación. Tipos
de pararraios. A NTE-IPP pararraios. Deseño da instalación de pararraios.
Disposicións construtivas.
Tema 25.-
Instalacións de alumado exterior: guía técnica de aplicación de instalacións de alumado exterior (guía-bt-09).
Esquemas de conexións de lámpadas utilizadas en alumado exterior.
Tema 26.-
Mantemento eléctrico. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e predictivo. Plans de mantemento preventivo de equipos e
máquinas eléctricas.
Tema 27.-
Protección medioambiental. Nocións básicas sobre contaminación
ambiental. Principais riscos medioambientais
relacionados ás funcións da categoría.
Tema 28.-
Prevención de riscos laborais. Riscos laborais específicos nas funcións
do electricista, medidas de protección individuais e colectivas ás funcións da
categoría.