Oncoloxía radioterápica.

Parte común:

Tema 1.       A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2.       Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

Tema 3.       A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4.       O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5.       O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

Tema 6.       A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7.       A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8.       Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

Parte específica:

Tema 9.       Control de calidade en radioterapia. Real decreto 1566/1998.

Tema 10.    Definición de volumes en radioterapia. ICRU 50 e 62.

Tema 11.    Radiation physics and Biology: inmobilización e simulación.

Tema 12.    Tumores de sistema nervioso central: astrocitoma anaplasico e glioblastoma multiforme.

Tema 13.    Tumores de cabeza e pescozo: manexo radioterapeútico do carcinoma de cordas vocais.

Tema 14.    Tumores esofáxicos: quimioradioterapia no carcinoma de esófago inoperable.

Tema 15.    Cancro de pulmón. Radioterapia radical no carcinoma non microcítico de pulmón estadío III.

Tema 16.    Carcinoma microcítico de pulmón. Tratamento quimio_radioterápico.

Tema 17.    Cancro gástrico: radioterapia adxuvante no cancro gástrico.

Tema 18.    Cancro de páncreas: radioterapia adxuvante no cancro de páncreas.

Tema 19.    Cancro de mama: papel da radioterapia no manexo conservador do cancro de mama.

Tema 20.    Carcinoma de endometrio: radioterapia postoperatoria.

Tema 21.    Cancro de próstata. Radioterapia no cancro de próstata localmente avanzado.

Tema 22.    Cancro de recto. Manexo neoadxuvante do cancro de recto.

Tema 23.    Cancro de ano.

Tema 24.    Cancro de vexiga. Tratamento conservador.

Tema 25.    Enfermidades benignas: oftalmopatía tiroidea.

Tema 26.    Papel da radioterapia no tratamento dos sarcomas de tecidos brandos.

Tema 27.    Papel da radioterapia no tratamento do linfoma gástrico.

Tema 28.    Calidade de vida en oncoloxía.

Tema 29.    Tratamento de soporte no paciente oncolóxico: valoración nutricional e terapéutica asociada.

Tema 30.    Radioterapia na síndrome de vea cava superior.

Tema 31.    Radioterapia no tratamento das metástases óseas.

Tema 32.    Radioterapia no tratamento das metástases cerebrais.

Tema 33.    Radioterapia na síndrome de compresión medular.

Tema 34.    A dor.

Tema 35.    Antiemese na terapia antineoplasica.

Tema 36.    Anemia no paciente oncolóxico.

Tema 37.    Indicacións de técnicas especiais en radioterapia: radioterapia intraoperatoria, radiocirurxía, irradiación corporal total.

Tema 38.    O enfermo terminal.