Obstetricia e xinecoloxía.
Parte común:
Tema 1. A
Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais
dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2. Estatuto
de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento.
A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3. A Lei
Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das
Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios
do sistema sanitario público.
Tema 4. O
Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do
Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de
persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos
e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario.
Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5. O
persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de
prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema 6. A Lei de
saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das
administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7. A
Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da
Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da
atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.
Saúde Laboral: concepto. Principais
riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de
prevención de riscos laborais do Sergas.
Parte específica:
Tema 9.
Asistencia ao embarazo normal: consulta
prenatal. Concepto de risco elevado e a súa
detección. Exploración nos últimos meses: situación, actitude,
presentación e posición fetais. Nomenclatura
obstétrica.
Tema 10.
Control do benestar fetal anteparto.
Métodos biofísicos e métodos bioquímicos.
Tema 11.
Asistencia ao parto normal nos seus diferentes períodos. Influencia do parto sobre a nai e o feto. Dirección médica do parto.
Tema 12.
Separación e expulsión da placenta. Mecanismos do parto.
Tema 13.
Asistencia ao puerperio normal. Establecemento e mantemento da
lactancia.
Tema 14.
Embarazo e parto múltiples.
Tema 15.
Aborto: concepto e clasificación. Etioloxía,
anatomía, patoloxía, clínica e tratamento.
Tema 16.
Parto prematuro e prematuridade. Programas de screening. Prevención de a prematuridade.
Tratamento da ameaza e
parto prematuro.
Tema 17.
Embarazo prolongado e posmadureza. Control e tratamento.
Tema 18.
Embarazo ectópico. Concepto e clasificación. Diagnóstico e tratamento.
Tema 19.
Placenta previa: concepto e clasificación. Diagnóstico e conduta obstétrica. Desprendemento
prematuro de placenta normalmente inserida. Concepto, diagnóstico e conduta obstétrica. Acretismo
placentario.
Tema 20.
Enfermidade trofoblástica: mola hidatídica e enfermidade trofoblástica
persistente.
Tema 21.
Rotura prematura de membranas. Concepto, diagnóstico e conduta obstétrica. Corioamnionitis:
diagnóstico, tratamento e conduta
obstétrica. Hidramnios e oligoamnios:
diagnóstico e conduta obstétrica.
Tema 22.
Estados hipertensivos do embarazo. Concepto e clasificación. Estudo das diversas formas: patoxenia,
diagnóstico, tratamento e conduta
obstétrica. Síndrome de HELLP.
Tema 23.
Diabete e xestación.
Tema 24.
Distocias: clasificación, diagnóstico e conduta
obstétrica. A rotura uterina.
Tema 25.
Retención da placenta. Hemorraxia do parto e hemorraxia puerperal.
Tema 26.
Infección puerperal. Accidentes tromboembólicos
no puerperio.
Tema 27.
Parto instrumental. A cesárea.
Tema 28.
Restrición do crecemento intrauterino (CIR).
Concepto, etioloxía, clasificación, clínica e conduta obstétrica.
Tema 29.
Perda do benestar fetal intraparto (sufrimento fetal).
Diagnóstico, tratamento e conduta
obstétrica. Repercusión a medio e longo prazo.
Tema 30.
Técnicas de diagnóstico prenatal. Biopsia corial.
Amniocentese do primeiro e
do segundo trimestre. Marcadores bioquímicos. Aspectos xerais
do diagnóstico ecográfico das malformacións
fetais.
Tema 31.
Endometriose: concepto e clasificación. Teorías etiopatoxénicas.
Clínica, diagnóstico e tratamento.
Tema 32.
Enfermidade inflamatoria pélvica. Criterios diagnósticos, tratamento e morbilidade.
Tema 33.
Patoloxía do solo pélvico. Prolapso xenital.
Incontinencia urinaria.
Tema 34.
Alteracións menstruais por defecto.
Clasificación. Amenorreas. Anovulación crónica:
síndrome do ovario poliquístico.
Tema 35.
Hemorraxia uterina disfuncional. Clínica diagnóstico e tratamento.
Tema 36.
Patoloxía do climaterio. Patoloxía cronolóxica da menopausa. Alteracións xerais, subxectivas, metabólicas e óseas. Valoración e tratamento.
Tema 37.
Esterilidade. Estudo básico da parella
estéril. Anticoncepción: métodos anticonceptivos, indicacións
e eficacia dos distintos métodos.
Tema 38.
Distrofias vulvares. Lesións
premalignas da vulva. Cancro de vulva.
Tema 39.
Neoplasia intraepitelial do colo uterino: diagnóstico, tratamento
e seguimento. Cancro de colo
uterino: clínica, diagnóstico, clasificación por estadios e tratamento.
Tema 40.
Patoloxía tumoral benigna de corpo uterino:
mioma uterino e patoloxía endometríal
benigna e preneoplasica. Carcinoma do corpo uterino: clínica, diagnóstico, clasificación por estadíos e tratamento.
Tema 41.
Patoloxía benigna do ovario: clínica diagnóstico e tratamento. Tumores epiteliais comúns malignos do ovario (seroso, mucinoso
e endometrioide). Clínica, diagnóstico, clasificación
por estadíos e tratamento.
Tema 42.
Patoloxía tumoral benigna da mama: clasificación, clínica, diagnóstico
e tratamento.
Tema 43.
Cancro de mama: diagnóstico precoz. Clínica, diagnóstico, clasificación
por estadíos e tratamento.