Temario Costureira

 

Parte común.

 

Tema 1.- A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

 

Tema 2.- O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

 

Tema 3.- A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

 

Tema 4.- O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

 

Tema 5.- O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

 

Tema 6.- A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

 

Tema 7.- A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

 

Tema 8.- Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

 

Parte específica. 

 

Tema 9.-      Patronaxe e confección. Trazado de patróns. Corte por distintos procedementos dos diferentes tecidos con patróns para obter os compoñentes do artigo.

 

Tema 10.-  Materiais téxtiles, fibras e fíos. Os fíos de coser, tipos, características, calidade e aplicacións: os tecidos. Estrutura e características fundamentais.

 

Tema 11.-  Acabados da confección: procesos de acabados. Acabados intermedios e finais: por tipo de peza de roupa, por clase de tecido, por grao de mecanización na súa confección e segundo a calidade da confección.

 

Tema 12.-  Fundamentos, compoñentes e aplicacións das máquinas de cosido, regulación e control das máquinas. Mantemento das máquinas, útiles e accesorios.

 

Tema 13.-  Técnicas de ensamblaxe: cosido, pegado e termoselado. Ensamblaxe a máquina ou a man de diferentes tipos de tecido segundo o modelo de patrón.

 

Tema 14.-  Realización de operacións de reparación de pezas de roupa e tecidos polos procedementos e técnicas habituais: repaso e zurcido de pezas de roupa.

 

Tema 15.-  Nocións de repasado. Etiquetaxe de produtos téxtiles.

 

Tema 16.-  A roupa hospitalaria. Tipos e características. Catálogo de lencería e vestiario do Servizo Galego de Saúde.

 

Tema 17.-  Áreas organizativas do servizo de lavandería, pasado o ferro e costura.

 

Tema 18.-  Plans e normas de seguridade. Riscos comúns e métodos de prevención.