Nefroloxía.

Parte común:

Tema 1.       A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2.       Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

Tema 3.       A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4.       O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5.       O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

Tema 6.       A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7.       A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8.       Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

Parte específica:

Tema 9.       Control do volume extracelular. Fisiopatoloxía do edema. Alteracións do metabolismo da auga e do sodio.

Tema 10.    Trastornos do potasio: hipopotasemias primarias e secundarias. Hiperpotasemias: agudas e secundarias.

Tema 11.    Regulación renal do equilibrio ácido-base. Alteracións do equilibrio ácido-base: acidose e alcalose metabólica.

Tema 12.    Insuficiencia renal aguda.

Tema 13.    Síndrome nefrótico por lesións mínimas. Glomeruloesclerose focal e segmentaria.

Tema 14.    Glomerulonefrite IgA.

Tema 15.    Glomerulonefrite membranosa.

Tema 16.    Glomerulonefrite mesanxiocapilar.

Tema 17.    Glomerulonefrite rapidamente progresiva.

Tema 18.    Síndrome de Goodpasture. Afectación glomerular e renal na púrpura de Henoch-Schönlein.

Tema 19.    Vasculites renal e sistémica.

Tema 20.    Nefropatía lúpica.

Tema 21.    Amiloidose renal e sistémica.

Tema 22.    Enfermidades da membrana basal glomerular.

Tema 23.    Complicacións renais do mieloma.

Tema 24.    Complicacións renais nas hepatopatías. Síndrome hepato-renal.

Tema 25.    Nefropatías intersticiais agudas e crónicas.

Tema 26.    Nefropatía diabética.

Tema 27.    Nefropatías de orixe vascular.

Tema 28.    Poliquistose hepatorrenal.

Tema 29.    Hipertensión arterial esencial. Tratamento da HTA.

Tema 30.    Hipertensión arterial secundaria. Hipertensión vásculo-renal.

Tema 31.    Tratamento médico da insuficiencia renal crónica.

Tema 32.    Hemodiálise: acceso vascular e técnicas de hemodiálise.

Tema 33.    Complicacións da intradiálise. Diálise axeitada. Osteodistrofia. Anemia. Complicacións cardiovasculares.

Tema 34.    Diálise peritoneal: principios e tipos. Acceso peritoneal e as súas complicacións.

Tema 35.    Complicacións e infeccións en diálise peritoneal.

Tema 36.    Transplante renal: indicacións, selección de doador e receptor.

Tema 37.    Tratamento inmunosupresor no transplante renal. Rexeitamento do enxerto renal.

Tema 38.    Complicacións renais e extrarrenais do transplante renal.