Medicina intensiva.

Parte común:

Tema 1.    A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2.       Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

Tema 3.       A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4.       O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5.       O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

Tema 6.       A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7.       A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8.       Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

Parte específica:

Tema 9.       Ventilación mecánica invasiva: ventilación con presión positiva convencional e programación do respirador. Indicacións e efectos fisiopatolóxicos da ventilación mecánica. Complicacións ventilación mecánica.

Tema 10.    Ventilación mecánica non invasiva: modos de ventilación, adaptación do enfermo á ventilación mecánica. Complicacións, vixilancia e monitorización do enfermo. Estratexias ventilatorias.

Tema 11.    Síndrome de distress respiratorio do adulto: definición e etioloxía. Diagnóstico e tratamento.

Tema 12.    Tratamento da asma bronquial e do estado asmático.

Tema 13.    Obstrución crónica ou fluxo aéreo descompensado.

Tema 14.    Resucitación cardiopulmonar. Soporte vital básico. Soporte vital avanzado.

Tema 15.    Síndrome coronaria aguda con elevación do ST. Diagnóstico, tratamento de reperfusión (fibrinolise, anxioplastia primaria, de rescate e facilitada) e outros tratamentos farmacolóxicos.

Tema 16.    Síndrome coronaria aguda sen elevación do ST. Diagnóstico e tratamento.

Tema 17.    Valoración e tratamento das complicacións da síndrome coronaria aguda.

Tema 18.    Enfermidades do pericardio en coidados críticos. Pericardite aguda, diagnóstico e tratamento. Taponamento pericárdico, diagnóstico e tratamento.

Tema 19.    Síndrome aórtica aguda.

Tema 20.    Tromboembolismo pulmonar.

Tema 21.    Insuficiencia cardíaca conxestiva.

Tema 22.    Shock: clasificación. Principios do tratamento.

Tema 23.    Manexo xeral do enfermo con intoxicación aguda. Intoxicación medicamentosa e non medicamentosa.

Tema 24.    Accidente cerebrovascular agudo.

Tema 25.    Hemorraxia subaracnoidea.

Tema 26.    Estado epiléptico.

Tema 27.    Enfermidade neuromuscular na unidade de coidados intensivos.

Tema 28.    Alteracións tiroideas: vrise tireotóxica: clínica, diagnóstico e tratamento. Coma mixedematoso: clínica, diagnóstico e tratamento.

Tema 29.    Insuficiencia suprarrenal: clínica, diagnóstico e tratamento.

Tema 30.    Insuficiencia renal aguda: definición, clasificación etiolóxica, diagnóstico e prognóstico e tratamento. Técnicas continuas de depuración renal.

Tema 31.    Hemorraxia dixestiva.

Tema 32.    Pancreatite aguda grave: presentación clínica, diagnóstico, prognóstico e tratamento da pancreatite e ás súas complicacións.

Tema 33.    Sepse.

Tema 34.    Pneumonía: tipos de pneumonía na UCI (pneumonía comunitaria grave e pneumonía nosocomial. Etioloxía, probas diagnósticas habituais e tratamento.

Tema 35.    Meninxite bacteriana: patoxéneses, diagnóstico e tratamento.

Tema 36.    Infeccións abdominais: peritonite e abscesos intraperitoneais.

Tema 37.    Traumatismo cranioencefálico: normativa sobre o tratamento das lesións graves cranioencefálicas. Anatomía patolóxica e fisiopatoloxía das lesións cerebrais traumáticas. Lesión cerebral secundaria. Exame radiolóxico inicial e selección cirúrxica. Tratamento do traumatismo cranioencefálico na UCI.

Tema 38.    Traumatismo torácico e abdominal.