Farmacéutico de atención primaria.
Parte común:
Tema 1. A
Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais
dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2. Estatuto
de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento.
A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3. A Lei
Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das
Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios
do sistema sanitario público.
Tema 4. O
Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do
Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de
persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos
e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario.
Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5. O
persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de
prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema 6. A Lei de
saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das
administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7. A
Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da
Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da
atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.
Saúde Laboral: concepto. Principais
riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de
prevención de riscos laborais do Sergas.
Parte específica:
Tema 9.
Lei 29/2006, de garantías e uso
racional dos medicamentos e produtos sanitarios. Título VI: do uso racional do
medicamento.
Tema 10.
Funcións e actividades do FAP.
Coñecementos e medios necesarios. Nivel de responsabilidade. Importancia das
funcións dos farmacéuticos de atención primaria.
Tema 11.
Lei 5/1999, de ordenación farmacéutica
de Galicia.
Tema 12.
Decreto 176/2001, de creación dos servizos
de farmacia e depósitos de medicamentos nas estruturas de atención primaria do Sergas.
Tema 13.
A receita médica. Réxime xurídico.
Modelos oficiais de receita médica para a prestación farmacéutica. Receita e
requisitos especiais de prescrición e dispensación de
estupefacientes para uso humano.
Tema 14.
Información de medicamentos e produtos
sanitarios. Selección de medicamentos. Fontes de información. Información
activa e pasiva. Bases de datos de medicamentos e produtos sanitarios.
Tema 15.
A prestación farmacéutica. Condicións de
financiamento dos medicamentos e produtos sanitarios. Medicamentos xenéricos.
Concepto de bioequivalencia. Prezos de referencia.
Lexislación vixente.
Tema 16.
Xestión de medicamentos e produtos
sanitarios en situacións especiais: uso compasivo, medicamentos estranxeiros,
reintegro de gastos. Medicamentos para pacientes con fibrose quística, pacientes hemofílicos e pacientes VIH+.
Tema 17.
Farmacovixilancia.
Reaccións adversas a medicamentos e produtos sanitarios. Rede galega de alertas
sobre riscos relacionados cos medicamentos e produtos sanitarios de uso humano.
Tema 18.
Ensaios clínicos: marco xurídico.
Concepto de ensaio clínico. Fases e tipos de ensaios clínicos. Aspectos éticos
e legais.
Tema 19.
Avaliación do uso dos medicamentos.
Estudos de utilización dos medicamentos. Indicadores da calidade da
prescrición.
Tema 20.
Farmacoeconomía: tipos
de análises farmacoeconómicas: minimización
de custos, custo-beneficio, custo-utilidade
e custo-eficacia.
Tema 21.
Homologación sanitaria de receitas:
Decreto 244/2003, de homologación sanitaria de receitas. Modificacións e
circulares relacionadas.
Tema 22.
Condicións xerais de prescrición e dispensación de medicamentos. Clasificación dos
medicamentos: clasificación ATC. Medicamentos de uso hospitalario, diagnóstico
hospitalario, especial control médico, cupón precinto diferenciado.
Especialidades farmacéuticas publicitarias. Excipientes de declaración
obrigatoria.
Tema 23.
Avaliación, autorización, rexistro e
condicións de dispensación de medicamentos de uso
humano fabricados industrialmente.
Tema 24.
Farmacoterapia dos problemas
do sistema nervioso I: epilepsia. Enfermidade de Alzheimer.
Estratexias terapéuticas.
Tema 25.
Farmacoterapia dos
problemas do sistema nervioso II: enfermidade de Párkinson. Outras anomalías do
movemento: tremor esencial, corea, espasticidade.
Estratexias terapéuticas.
Tema 26.
Farmacoterapia dos
problemas do sistema nervioso III: depresión. Ansiedade. Insomnio. Estratexias
terapéuticas.
Tema 27.
Farmacoterapia dos
problemas do sistema nervioso IV: trastornos psicóticos. Esquizofrenia.
Trastorno bipolar. Estratexias terapéuticas.
Tema 28.
Farmacoterapia na drogodependencia: alcohol e drogas de abuso.
Tema 29.
Profilaxe e tratamento da migraña, neuralxia do trixémino e vertixe. Estratexias terapeúticas.
Tema 30.
Farmacoterapia da dor
e inflamación en atención primaria. Escala analxésica da OMS. AINES, opiáceos e
tratamentos coadxuvantes. Estratexias terapéuticas no manexo da dor.
Tema 31.
Farmacoterapia dos
problemas osteomusculares I: osteoporose e artrose.
Estratexias terapéuticas.
Tema 32.
Farmacoterapia dos
problemas osteomusculares II: artrite e gota.
Estratexias terapéuticas.
Tema 33.
Farmacoterapia dos
problemas cardíacos e vasculares I: hipertensión arterial. Urxencias e
emerxencias hipertensivas. Hipertensión xestacional, pre-eclampsia e eclampsia. Shock.
Medicamentos antihipertensivos.
Tema 34.
Farmacoterapia dos
problemas cardíacos e vasculares II: insuficiencia cardíaca. Arritmias
cardíacas. Estratexias terapéuticas.
Tema 35.
Farmacoterapia dos
problemas cardíacos e vasculares III: cardiopatía isquémica. Procesos
isquémicos cerebrais e periféricos. Estratexias terapéuticas.
Tema 36.
Farmacoterapia dos
problemas hemostásicos: antiagregantes,
anticoagulantes e antitrombóticos. Tratamento das
anemias. Atención farmacéutica do paciente anticoagulado.
Tema 37.
Farmacoterapia dos
problemas endocrinolóxicos e da nutrición I:
estratexias terapéuticas na diabetes mellitus tipo 1
e Tratamento das complicacións.
Tema 38.
Farmacoterapia dos
problemas endocrinolóxicos e da nutrición II: dislipemias. Estratexias terapéuticas.
Tema 39.
Farmacoterapia dos
problemas dixestivos I: náuseas e vómitos. Epigastralxia.
Úlcera gastroduodenal. Gastropatía por AINES.
Medicamentos procinéticos, antieméticos, antiácidos, antiulcerosos. Estratexias terapéuticas.
Tema 40.
Farmacoterapia dos
problemas dixestivos II: trastornos da motilidade gastrointestinal. Laxantes e
antidiarreicos. Espasmolíticos. Estratexias terapéuticas.
Tema 41.
Farmacoterapia dos
problemas dixestivos III: enfermidade inflamatoria intestinal crónica.
Insuficiencia pancreática. Terapia biliar. Obesidade. Encefalopatía
hepática.
Tema 42.
Farmacoterapia dos
problemas da respiración I: tose. Medicamentos antitusivos,
expectorantes e mucolíticos.
Tema 43.
Profilaxe e tratamento de asma e EPOC.
Estratexias terapéuticas.
Tema 44.
Farmacoterapia en
procesos alérxicos: rinite. Conxestión nasal. Urticaria. Shock
anafiláctico. Vacinas individualizadas para procesos alerxénicos.
Tema 45.
Inmunización en atención primaria.
Calendario vacinal na Comunidade Autónoma de Galicia.
Vacinas antibacterianas e antivirais.
Tramitación.
Tema 46.
Farmacoterapia das
patoloxías do sistema inmunitario. Paciente
transplantado. Inmunosupresores e inmunomoduladores.
Tema 47.
Farmacoterapia antiinfecciosa en atención primaria I: betalactámicos,
tetraciclinas, aminoglicósidos, macrólidos,
lincosánidos e estreptograminas.
Tema 48.
Farmacoterapia antiinfecciosa en atención primaria II: quinolonas,
sulfamidas, nitroderivados e outros antibacterianos.
Tema 49.
Farmacoterapia antiinfecciosa en atención primaria III: infeccións ORL.
Infeccións respiratorias. Infeccións xenito-urinarias.
Tema 50.
Farmacoterapia antiinfecciosa en atención primaria IV: quimioprofilaxe
e tratamento da tuberculose.
Tema 51.
Farmacoterapia antiinfecciosa en atención primaria V: medicamentos antivirais. Farmacoterapia das
principias infeccións víricas: gripe, virus respiratorio sincitial,
herpes, VIH, hepatite e citomegalovirus.
Tema 52.
Farmacoterapia antiinfecciosa en atención primaria IV: farmacoterapia
das micosis sistémicas e cutáneas en atención
primaria.
Tema 53.
Farmacoterapia antiinfecciosa en atención primaria V: farmacoterapia
das parasitoses.
Tema 54.
Antisépticos e desinfectantes.
Tema 55.
Farmacoterapia da
patoloxía ocular. Sequidade ocular. Glaucoma. Queratite herpética. Infeccións
bacterianas oculares.
Tema 56.
Farmacoterapia da
patoloxía dermatoloxía: acné, psoríase e dermatite atópica.
Tema 57.
Farmacoterapia da
patoloxía tumoral: antineoplásicos. Medicamentos
coadxuvantes na terapia oncolóxica.
Tema 58.
Farmacoterapia do
sistema hormonal I: hipotálamo e hipófise (hormona de crecemento). Tiroide.
Tema 59.
Farmacoterapia do
sistema hormonal II: glándulas suprarrenais: mineralocorticoides
e glucocorticoides. Estratexias terapéuticas.
Tema 60.
Farmacoterapia do
sistema hormonal III: endocrinoloxía reprodutiva: anticoncepción,
fertilidade e menopausia. Patoloxía prostática.
Disfunción eréctil. Dopaxe.
Tema 61.
Factores fisiolóxicos que modifican a
resposta aos medicamentos: modificacións na poboación pediátrica e xeriátrica. Factores patolóxicos que modifican a resposta aos
medicamentos: insuficiencia hepática, cardíaca e renal.
Tema 62.
Atención farmacéutica individualizada
ao paciente. Concepto. Seguimento individualizado da terapéutica medicamentosa.
Problemas relacionados cos medicamentos.
Tema 63.
Interaccións medicamentosas. Mecanismos
básicos de interacción. Interaccións de relevancia clínica en atención
primaria.
Tema 64.
Medicamentos no embarazo e lactación.
Clasificación dos medicamentos en función da súa teratoxenia
potencial.
Tema 65.
A intoxicación medicamentosa.
Principios básicos do seu tratamento. Antídotos.