Cirurxía plástica, estética e reparadora.
Parte común
Tema 1. A
Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais
dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2. Estatuto
de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O
Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3. A Lei
Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións
públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema
sanitario público.
Tema 4. O
Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do
Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de
persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos
e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario.
Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5. O
persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de
prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema 6. A Lei de
saúde de Galicia. O sistema
sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de
Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7. A
Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da
Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención
especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.
Saúde Laboral: concepto. Principais
riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de
prevención de riscos laborais do Sergas.
Parte específica:
Tema 9.
Feridas e perdas de substancia. Principios
básicos de tratamento: anestesia local e troncular, sutura, cicatrización dirixida,
enxertos e colgallos.
Tema 10.
Cicatrización normal e patolóxica. Tratamento das cicatrices hipertróficas e queloideas.
Tema 11.
Colgallos cutáneos, fasciocutáneos e
musculares. Clasificación e bases anatómicas. Colgallos
libres microvasculares. Indicacións e zonas doadoras. Técnicas microcirúrxicas.
Tema 12.
Expansión tisular. Indicacións e técnica cirúrxica.
Tema 13.
Infeccións de partes brandas: hidradenite,
abscesos, fascites necrotizantes
e miosite. Diagnóstico e tratamento
cirúrxico.
Tema 14.
Anomalías cutáneo-vasculares: hemanxiomas e malformacións. Clasificación e tratamento.
Tema 15.
Melanoma: etiopatoxenia, clínica,
clasificación, diagnóstico, tratamento e prognóstico.
Tema 16.
Carcinomas epidermoides e basaliomas:
etiopatoxenia, clínica, clasificación, diagnóstico, tratamento e prognóstico.
Tema 17.
Úlceras de presión en rexións sacra,
isquiática e trocantérea. Clasificación. Tratamento cirúrxico: desbridamento e coberturas.
Tema 18.
Traumatismos de partes blandas. Diagnóstico e tratamento
cirúrxico.
Tema 19.
Fracturas nasais, orbitarias, naso-etmoido-orbitarias, órbito-malares, cigomáticas, de maxilar superior,
mandibulares e Lefort I, II e III: diagnóstico e tratamento cirúrxico.
Tema 20.
Reconstrución do coiro cabeludo e a rexión frontal.
Tema 21.
Cirurxía palpebral. Reconstrución da
pálpebra inferior e superior. Tratamento cirúrxico da ptose palpebral, do
ectropión e do entropión.
Tema 22.
Cirurxía nasal. Reconstrución nasal. Rinoseptoplastia postraumática.
Tema 23.
Reconstrución dos labios superior e inferior.
Tema 24.
Reconstrución auricular.
Tema 25.
Parálise facial. Técnicas de reanimación estática e dinámica.
Tema 26.
Reconstrución mamaria posmastectomía
inmediata e diferida. Técnicas de cirurxía oncoplástica.
Tema 27.
Reconstrución da parede torácica.
Tema 28.
Fracturas de metacarpianos e falanxes.
Diagnóstico e tratamento.
Tema 29.
Lesións de tendóns flexores e extensores
e ligamentos. Diagnóstico e tratamento.
Tema 30.
Lesións agudas de nervios e síndromes compresivo nervioso de membro superior. Clínica, diagnóstico e tratamento.
Tema 31.
Cobertura das perdas de substancia da man.
Tema 32.
Tratamento da man catastrófica. Amputacións completas e incompletas: reimplante e
revascularización.
Tema 33.
Reconstrución do polgar.
Tema 34.
Enfermidade de Dupuytren. Tratamento
cirúrxico.
Tema 35.
Tratamento das enfermidades tenosinoviais da man. Cirurxía da man reumática.
Tema 36.
Tratamento cirúrxico da rizartrose.
Tema 37.
Tratamento das perdas de substancia na perna e no pé: cobertura con colgallos fasciocutáneos,
musculares e libres.
Tema 38.
Osteomielite tibial. Técnicas de reconstrución.
Tema 39.
Fisiopatoloxía e clasificación das queimaduras.
Reanimación do gran queimado. Curas e tratamento cirúrxico dos queimados.
Tema 40.
Queimaduras eléctricas e queimaduras
químicas. Diagnóstico e tratamento.
Tema 41.
Tratamento das secuelas das queimaduras en
cara, pescozo, tronco e extremidades.