Cirurxía oral e maxilofacial.

Parte común

Tema 1.       A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2.       Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

Tema 3.       A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4.       O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5.       O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

Tema 6.       A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7.       A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8.       Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

Parte específica:

Tema 9.       Embrioloxía bucal, cervical e facial. Anatomía de cabeza e pescozo. Esplacnoloxía, fisioloxía e histoloxía dos tecidos que comprenden as rexións da cara e o pescozo.

Tema 10.    Semioloxía e propedéutica clínicas. Xeneralidades. Historia clínica. Exame bucal, facial e cervical. Exames complementarios. Microbioloxía aplicada. Citoloxía e histoloxía aplicadas.

Tema 11.    Exploración radiolóxica facial.

Tema 12.    Acto cirúrxico. Asepsia e antisepsia. Incisións. Hemostase. Suturas. Técnicas anestésicas.

Tema 13.    Epidemioloxía, clínica e tratamento das inclusións dentarias. Infeccións cervicofaciais.

Tema 14.    Quistes dos maxilares.

Tema 15.    Traumatismos dentoalveolares. Traumatismos buco-faciais en partes brandas.

Tema 16.    Traumatismos mandibulares, de maxilar superior e do complexo naso-etmoido orbitario. Traumatismos do terzo superior facial.

Tema 17.    Complicacións e secuelas dos traumatismos dos ósos e partes brandas faciais.

Tema 18.    Cirurxía preprotésica e implantes osteointegrados.

Tema 19.    Patoloxía ganglionar cérvico-facial. Quistes de partes brandas buco-cervico-faciais.

Tema 20.    Patoloxía da mucosa bucal. Trastornos mucocutáneos. Repercusión das enfermidades xerais na mucosa bucal e na cara.

Tema 21.    Conceptos xerais sobre oclusión dentaria. Movementos mandibulares, bruxismo, mastigación, funcións da cavidade oral. Fisiopatoloxía da articulación temporomandibular. Anomalías e deformidades. Síndrome de disfunción temporomandibular.

Tema 22.    Patoloxía nerviosa cervicofacial motora. Síndromes dolorosas faciais.

Tema 23.    Tumores benignos e malignos dos ósos faciais. Tumores odontoxénicos. Afeccións pseudotumorais dos maxilares.

Tema 24.    Tumores benignos e malignos de cavidade nasal, seos paranasais e vías aerodixestivas superiores. Tumores da base do cranio.

Tema 25.    Tumoracións e tumores benignos da cavidade bucal e dos tecidos brandos da cara.

Tema 26.    Fisiopatoloxía das glándulas salivares. Métodos de estudo. Patoloxía inflamatoria e dexenerativa das glándulas salivares.

Tema 27.    Tumores benignos e malignos das glándulas salivares.

Tema 28.    Lesións precancerosas da mucosa bucal.

Tema 29.    Tumores malignos da cavidade oral e de orofarinxe.

Tema 30.    Tumores malignos das partes brandas cervicofaciais. Tumores vasculares e nerviosos de cabeza e pescozo.

Tema 31.    Baleirados ganglionais do pescozo.

Tema 32.    Técnicas reconstrutivas en cirurxía maxilofacial: Enxertos libres e colgallos locais. Colgallos pediculados. Colgallos microcirúrxicos.

Tema 33.    Radioterapia e quimioterapia. A súa relación coa cirurxía maxilofacial oncolóxica.

Tema 34.    Cirurxía estética de cara.

Tema 35.    Patoloxía da cavidade orbitaria: inflamatoria, malformativa e tumoral.

Tema 36.    Malformacións cranio-faciais conxénitas. Tratamento multidisciplinar. Papel da ortodoncia.

Tema 37.    Cirurxía ortognática: diagnósticos, planificación terapéutica e técnicas cirúrxicas.

Tema 38.    Biomateriais en cirurxía maxilofacial.