Cirurxía cardiovascular.

Parte común

Tema 1.       A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2.       Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

Tema 3.       A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4.       O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5.       O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

Tema 6.       A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7.       A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8.       Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

Parte específica:

Tema 9.       Principios xerais da circulación extracorpórea.

Tema 10.    Protección miocárdica en cirurxía cardiovascular.

Tema 11.    Hipotermia en cirurxía cardiovascular.

Tema 12.    Persistencia do conduto arterioso.

Tema 13.    Coartación aórtica.

Tema 14.    Comunicación interauricular.

Tema 15.    Comunicación interventricular.

Tema 16.    Tetraloxía de Fallot.

Tema 17.    Estenose mitral.

Tema 18.    Insuficiencia mitral.

Tema 19.    Estenose aórtica.

Tema 20.    Insuficiencia aórtica.

Tema 21.    Valvulopatía tricuspidea adquirida.

Tema 22.    Endocardite bacteriana.

Tema 23.    Conceptos xerais da cardiopatía isquémica.

Tema 24.    Indicacións cirúrxicas na cardiopatía isquémica.

Tema 25.    Aneurisma ventricular esquerdo.

Tema 26.    Comunicación interventricular post infarto.

Tema 27.    Insuficiencia mitral isquémica.

Tema 28.    Rotura de parede libre ventricular.

Tema 29.    Disección aguda da aorta.

Tema 30.    Cirurxía da aorta ascendente.

Tema 31.    Cirurxía do arco aórtico.

Tema 32.    Traumatismo da aorta torácica.

Tema 33.    Aneurisma da aorta torácica descendente.

Tema 34.    Aneurisma torazo-abdominal.

Tema 35.    Protección medular na cirurxía da aorta.

Tema 36.    Protección cerebral na cirurxía da aorta.

Tema 37.    Transplante cardíaco.

Tema 38.    Métodos de asistencia circulatoria.