Anestesioloxía e reanimación.

Parte común

Tema 1.       A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2.       Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

Tema 3.       A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4.       O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5.       O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

Tema 6.       A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7.       A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8.       Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

Parte específica:

Tema 9.       Avaliación preoperatoria e factores de risco anestésico.

Tema 10.    Manexo da vía aérea.

Tema 11.    Reaccións alérxicas durante a anestesia. Alerxia ao látex.

Tema 12.    Monitorización. Mínimos das sociedades científicas.

Tema 13.    Anestésicos intravenosos. Opioides.

Tema 14.    Anestésicos inhalatorios.

Tema 15.    Bloqueantes neuromusculares.

Tema 16.    Anestésicos locais.

Tema 17.    Anestesia neuroaxial: intradural, epidural e caudal.

Tema 18.    Anestesia rexional dos membros superior e inferior.

Tema 19.    Hemostase e anestesioloxía. Manexo do paciente con trastornos da coagulación ou agregación plaquetario.

Tema 20.    Ventilación mecánica. Circuítos anestésicos.

Tema 21.    Anestesia para cirurxía do aparato dixestivo, cirurxía bariátrica e cirurxía laparoscópica.

Tema 22.    Anestesia no paciente con hepatopatía.

Tema 23.    Anestesia no paciente nefrópata e cirurxía urolóxica.

Tema 24.    Anestesia no paciente con enfermidade endócrina.

Tema 25.    Anestesia en obstetricia e na paciente xestante.

Tema 26.    Anestesia en otorrinolaringoloxía.

Tema 27.    Anestesia en oftalmoloxía.

Tema 28.    Anestesia en cirurxía vascular.

Tema 29.    Anestesia en cirurxía traumatolóxica e ortopédica.

Tema 30.    Anestesia no paciente pediátrico.

Tema 31.    Anestesia en cirurxía cardíaca.

Tema 32.    Anestesia en neurocirurxía.

Tema 33.    Anestesia en cirurxía torácica.

Tema 34.    Anestesia ambulatoria.

Tema 35.    Anestesia fóra do quirófano.

Tema 36.    Manexo anestésico e valoración inicial do paciente politraumatizado.

Tema 37.    Farmacoloxía do control da dor postoperatoria e organización dun servizo de analxesia postoperatoria.

Tema 38.    Shock. Fisiopatoloxía. Diagnóstico diferencial e tratamento.

Tema 39.    Reanimación cardiopulmonar.

Tema 40.    Coidados postanestésicos.