Análises clínicas.

Parte común

Tema 1.       A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2.       O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

Tema 3.       A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4.       O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5.       O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

Tema 6.       A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7.       A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8.       Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

Parte específica:

Tema 9.       Técnicas analíticas e instrumentación. Espectrofotometría e fotometría. Electroquímica. Electroforese. Cromatografía. Espectrometría de masas. Osmometría. Contadores de escintileo.

Tema 10.    Bioestatística. Conceptos estatísticos. Intervalos de referencia. Eficacia diagnóstica. Selección e avaliación de métodos.

Tema 11.    Garantía de calidade do laboratorio clínico. Control de calidade.

Tema 12.    Avaliación da función renal. Fisioloxía renal. Probas de laboratorio e patróns analíticos de enfermidades renais.

Tema 13.    Urianálise. Formación de ouriños. Compoñentes da análise de ouriños. Exame do sedimento. Métodos de análise dos ouriños.

Tema 14.    Equilibrio hidroelectrolítico. Fisioloxía normal. Potasio: impo e hiperpotasemias. Sodio: impo e hipernatremias. Outras alteracións hidroelectrolíticas.

Tema 15.    Estudo dos gases sanguíneos e do balance ácido-base. Definicións, equilibrio ácido-base. Avaliación da homeostase ácido-base. Oxíxeno e intercambio de gases. Determinacións analíticas.

Tema 16.    Avaliación do metabolismo dos glícidos. Funcións normais do páncreas endócrino. Diabetes mellitus: clasificación, fisiopatoloxía e criterios diagnósticos. Hipoglicemia. Papel do laboratorio no diagnóstico e seguimento de pacientes con alteracións metabólicas da glicosa.

Tema 17.    Avaliación da función endócrina. Hipófise. Tiroide. Glándula suprarrenal. Eixe renina-aldosterona. Gonadotropinas e hormonas sexuais.

Tema 18.    Laboratorio de androloxía e avaliación da fertilidade. Procedementos diagnósticos. Procedementos terapéuticos.

Tema 19.    Estudo polo laboratorio do cancro. Neoplasia e regulación do crecemento. Aplicacións clínicas dos marcadores tumorais. Clasificación dos marcadores tumorais. Principais tipos de marcadores tumorais.

Tema 20.    Estratexias para a utilización dos marcadores tumorais. Marcadores tumorais nos diferentes tipos de neoplasias.

Tema 21.    Estudo polo laboratorio doutros líquidos biolóxicos: amniótico, cefalorraquídeo, pleural, pericárdico, ascítico, sinovial, saliva e suor.

Tema 22.    Avaliación da función hepática. Función hepática normal. Principais hepatopatías. Avaliación da función hepática: bilirrubina, ácidos biliares, enzimas, proteínas totais, albumina, urea, outras probas.

Tema 23.    Lípidos e lipoproteínas. Principais lípidos e lipoproteínas. Fisioloxía e metabolismo das lipoproteínas. Valores poboacionais. Principais alteracións. Análise de lípidos e lipoproteínas.

Tema 24.    Proteínas plasmáticas. Características e funcións. Técnicas de separación. Métodos de análise.

Tema 25.    Proteínas plasmáticas específicas. Proteinograma: patróns normais e patolóxicos.

Tema 26.    Marcadores cardíacos. Diagnóstico de laboratorio do infarto agudo de miocardio. Marcadores de inflamación, coagulación e insuficiencia cardíaca.

Tema 27.    Toxicoloxía. Técnicas básicas para a detección de drogas e fármacos en soro e ouriños. Drogas.

Tema 28.    Monitorización do tratamento farmacolóxico. Principios xerais. Principais fármacos.

Tema 29.    Visión xeral do sistema inmune e dos trastornos inmunolóxicos. Células linfoides. Células non linfoides. Factores humorais. Antíxenos de histocompatibilidade. Mecanismos de dano inmunolóxico. Aplicacións clínicas da análise inmunolóxica.

Tema 30.    Enfermidades alérxicas. Mecanismos de hipersensibilidade inmediata. Avaliación do laboratorio das enfermidades alérxicas.

Tema 31.    sangue. Características xerais, métodos de extracción e anticoagulantes.

Tema 32.    Métodos de recontos das células sanguíneas.

Tema 33.    Reconto diferencial de leucocitos.

Tema 34.    Métodos de laboratorio na avaliación das anemias.

Tema 35.    Avaliación analítica da trombose e a hemostase.