Temario Carpinteiro
Parte común.
Tema
1.- A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e
deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema
2.- O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A
Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema
3.- A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características.
Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e
deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema
4.- O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de
saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e
perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada
de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime
disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación
colectiva.
Tema
5.- O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión
e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e
licencias.
Tema
6.- A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia.
Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo
Galego de Saúde.
Tema
7.- A Atención Primaria da Saúde: concepto e características
xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características
xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de
Galicia. Órganos de dirección.
Tema
8.- Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e
medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos
laborais do Sergas.
Parte específica.
Tema 9.-
Madeiras. Tipos, clasificación, cubicación, propiedades, características,
utilización. Madeiras: enfermidades, defectos, prevención e tratamento.
Tema 10.-
Taboleiros. Aglomerados e de fibras. Tipos, características,
utilización.
Tema 11.-
A chapa e o contrachapado. Tipos,
características, utilización. Canteado.
Tema 12.-
Taboleiros posformados e contraplacados.
Tipos, características, utilización.
Tema 13.-
Tratamento da superficie da madeira. Preparación. Lixado. Estucado.
Imprimación. Branqueo. Tintado. Fondo. Patinado. Decapé. Anticuado. Pulido. Veteado.
Craquéele.
Tema 14.-
Produtos para acabado da madeira. Tinguiduras. Pinturas. Vernices.
Ceras. Decapantes. Poliuretanos. Equipos de
aplicación sobre a madeira. Tapaporos. Disolventes. Diluíntes. Clasificación e usos.
Tema 15.-
Mecanizado da madeira. Mecanizado manual. Aserrado.
Labrado. Xuntas. Empalmes. Unións. Ensambles.
Tema 16.-
Operacións de montaxe de mobles e carpintería a medida.
Tema 17.-
Pavimentos e revestimentos de madeira e cortiza. Construción e
colocación. Parqué. Losetas. Laminados. Frisos.
Tema 18.-
Pegamentos e colas. Tipos e usos.
Tema 19.-
Maquinaria. Serra de cinta. Serra circular. Tupi.
Cepilladura. Regruesadora. Descrición e uso.
Tema 20.-
Ferramentas portátiles (eléctricas e manuais) para serrar, afiar,
cepillar, fresar, prensar, escofinar, limar,
perforar, descrición e uso.
Tema 21.-
Útiles, ferramentas e aparellos de medir e trazar.
Tema 22.-
Persianas. Tipos. Funcionamento. Reparación.
Tema 23.-
Portas e fiestras. Tipos. Materiais empregados, tipos de peches, marcos.
Tema 24.-
Ferraxes diversas. Colocación. Tornillería.
Puntas. Bisagras. Fechaduras. Pomos. Manubrios. Pechaportas.
Colocación.
Tema 25.-
Mantemento de carpintería. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e
predictivo.
Tema 26.-
Protección medioambiental. Nocións básicas sobre contaminación
ambiental. Principais riscos medioambientais
relacionados ás funcións da categoría.
Tema 27.-
Prevención de riscos laborais. Riscos laborais específicos nas funcións
do carpinteiro, medidas de protección individuais e colectivas ás funcións da
categoría.