Auxiliar de
enfermaría.
Parte común.
Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes
fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A
Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das
Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios
do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde.
Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda
da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de
traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime
disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación
colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección
de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias
sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A
ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de
dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A
ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos
de dirección.
Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de
prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais
do Sergas.
Parte
específica.
Tema 9.-Concepto de calidade
no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total.
O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estrutura, proceso e
resultado.
Tema 10.-Actividades do
auxiliar de enfermaría nas institucións sanitarias. Coordinación entre niveis
asistenciais. Concepto: coidados, necesidades básicas e autocoidados. O
hospital e os problemas psicosociais e de adaptación do paciente
hospitalizado.
Tema 11.-Documentación
sanitaria: clínica e non clínica. Sistemas de información: xeneralidades.
Servizo de admisión e atención ao usuario: funcionamento. O consentimento
informado: concepto. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O
segredo profesional: concepto e regulación xurídica.
Tema 12.-Prevención e
promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto.
Prevención de accidentes no paciente. Inmunizacións: concepto. Vacinas: tipos,
conservación e almacenamento. Educación para a saúde: concepto e técnicas
didácticas.
Tema 13.-Habilidades de comunicación e relación interpersoal. Apoio
e axuda ao paciente e familia. Traballo en equipo.
Tema 14.-Nocións básicas de
informática: concepto do procesador de textos, bases de datos e correo
electrónico. Intranet: concepto.
Tema 15.-Necesidades de
hixiene no neonato e adulto. Concepto. Hixiene xeral e parcial: da pel e
capilar. Técnica de hixiene do paciente encamado: total e parcial. Técnica de
baño asistido.
Tema 16.-Atención do auxiliar
de enfermaría ao paciente encamado: posición anatómica e aliñamento corporal.
Procedementos de preparación das camas. Cambios posturais. Drenaxes e
catéteres: manipulación e coidado. Técnicas de deambulación. Técnicas de
mobilización e traslado.
Tema 17.-Atención do auxiliar
de enfermaría na preparación do paciente para a exploración: posicións
anatómicas e materiais médico-cirúrxicos de utilización máis común. Atención
pre e post operatoria.
Tema 18.-Constantes vitais:
concepto. Procedemento de toma de constantes vitais. Gráficas e rexistros.
Balance hídrico.
Tema 19.-Atención do auxiliar
de enfermaría nas necesidades de eliminación: xeneralidades. Recollida de
mostras: tipos, manipulación, características e alteracións. Sondaxes,
ostomías, enemas: tipos, manipulación e coidados.
Tema 20.-Procedementos de recollida e conservación para o transporte de
mostras biolóxicas. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte,
eliminación e tratamento.
Tema 21.-Os alimentos: clasificación, hixiene e manipulación. Alimentación
do lactante. Dietas terapéuticas: concepto e tipos. Vías de alimentación
enteral e parenteral: concepto. Administración de alimentos por sonda
nasogástrica.
Tema 22.-Vías de administración dos medicamentos: oral, rectal e tópica.
Precaucións para a súa administración. Condicións de almacenamento e
conservación. Caducidade. Atención do auxiliar de enfermaría ao paciente con
oxixenoterapia: métodos de administración de oxíxeno e precaucións.
Tema 23.-Hixiene nos centros sanitarios: medidas de prevención da infección
hospitalaria. Normas de seguridade e hixiene. Concepto de illamento no
hospital: procedementos de illamento e prevención de enfermidades
transmisibles.
Tema 24.-Concepto: infección, desinfección, asepsia e antisepsia.
Desinfectantes e antisépticos: mecanismos de acción dos desinfectantes. Métodos
de limpeza e desinfección do material e instrumental sanitario. Cadea
epidemiolóxica da infección nosocomial. Barreiras hixiénicas. Consecuencias das
infeccións nosocomiais. Esterilización: concepto. Métodos de esterilización
segundo os tipos de material. Tipos de controis. Manipulación e conservación do
material estéril.
Tema 25.-Atención do auxiliar
de enfermaría ao enfermo terminal. Apoio ao coidador principal e familia.
Coidados post mortem.
Tema 26.-Úlceras por presión:
concepto. Proceso de formación, zonas e factores de risco. Medidas de
prevención.
Tema 27.-Primeiros auxilios
en situacións críticas: politraumatizados, queimados, shock, intoxicación,
feridas, hemorraxias, asfixias. Concepto de urxencias e emerxencias.
Reanimación cardiopulmonar básica. Mantemento e reposición do material
necesario (carro de parada).
Tema 28.-Atención do auxiliar
de enfermaría ao enfermo con problemas de saúde mental e/ou toxicomanías
(alcoholismo e drogodependencias). Técnicas de inmobilización.