ATS/DUE.

Parte común.

 

Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

 

Tema 2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

 

Tema 3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

 

Tema 4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

 

Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

 

Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

 

Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

 

Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

 

Parte específica. 

 

Tema 9.-Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos. 

 

Tema 10.-Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do paciente. 

 

Tema 11.-Calidade no Sistema Nacional de Saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico-técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación. 

 

Tema 12.-Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitivas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado. 

 

Tema 13.-Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria. 

 

Tema 14.-Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo. 

 

Tema 15.-Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo. 

 

Tema 16.-Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicolóxico ao paciente, coidador principal e familia. 

 

Tema 17.-Xestión e planificación de servizos sanitarios: concepto. Produto sanitario: concepto. Carteira de servizos: concepto. 

 

Tema 18.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto. 

 

Tema 19.-Organización dos coidados de enfermaría en atención primaria e atención especializada: centro de saúde, comunidade, hospital. Consulta de enfermaría. Coordinación entre niveis asistenciais. 

 

Tema 20.-Atención domiciliaria: concepto e etapas da visita domiciliaria. Coordinación entre atención primaria, atención especializada e servizos sociais. Programas específicos de atención domiciliaria: programas de atención a pacientes inmobilizados e terminais. 

 

Tema 21.-Marco conceptual e modelos de enfermaría: xeneralidades. Teoría das necesidades humanas: concepto. Teoría de autocoidado: concepto. Proceso de atención de enfermaría (PAE): etapas do PAE. Plan de coidados enfermeiros: concepto e estrutura. Diagnósticos de enfermaría: concepto e tipos de taxonomía. 

 

Tema 22.-Sistemas de información utilizados en atención primaria e atención especializada: historia clínica. Rexistros específicos de actividade de enfermaría en atención primaria e atención especializada. Informe de enfermaría no momento da alta. Clasificacións internacionais de problemas de saúde (CIAP-2, CIE-9 e NANDA): características xerais. 

 

Tema 23.-Prevención e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Programas de saúde: definición. Factores de risco para a saúde nas distintas etapas da vida (infancia, adolescencia, adulto e ancián): identificación de factores de risco e coidados de enfermaría. Inmunizacións: concepto. Clasificación e tipos de vacinas. Contraindicacións. Complicacións. Conservación, administración e pautas de vacinación. 

 

Tema 24.-A educación para a saúde individual, grupal e comunitaria: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas. Técnicas de educación para a saúde para o fomento do autocoidado e promoción da saúde do paciente, coidador principal e familia. 

 

Tema 25.-Hixiene en centros sanitarios: conceptos xerais. Antisépticos. Desinfectantes. Esterilización. O servizo de esterilización. Preparación e tipos de material para esterilizar, métodos de esterilización. Manipulación e conservación do material estéril. Infección nosocomial. Medidas preventivas. Illamento hospitalario: concepto, tipos e descrición. Xestión de residuos sanitarios. 

 

Tema 26.-Desenvolvemento da conduta humana: etapas do desenvolvemento. Tipos de personalidade. Hábitos. Motivación. Factores socioculturais: a súa incidencia na saúde. O hospital e os problemas psicosociais e de adaptación do paciente hospitalizado. Valoración de enfermaría do comportamento humano e a súa aplicación nos coidados de enfermaría. 

 

Tema 27.-Sexualidade. Reprodución. Métodos anticonceptivos. Menopausa. Prevención de enfermidades de transmisión sexual. 

 

Tema 28.-Valoración e coidados de enfermaría na muller xestante: eliminación, hixiene e cambios fisiolóxicos. Educación maternal. Problemas máis frecuentes durante a xestación. Valoración e coidados de enfermaría na puérpera: cambios fisiolóxicos e psicolóxicos. Lactación natural. 

 

Tema 29.-Valoración e coidados de enfermaría do neno san de 0 a 14 anos. Probas metabólicas. Etapas do desenvolvemento infantil. Parámetros de desenvolvemento e crecemento. Resposta evolutiva. Medidas para o fomento da saúde nas diferentes etapas: hixiene, alimentación e nutrición, dentición. Hixiene e saúde bucodental: prevención da carie. Prevención de accidentes infantís. Detección de malos tratos. Vacinación na infancia.  

 

Tema 30.-Valoración e coidados de enfermaría do neno enfermo. Neonato de baixo peso e prematuro. Crises convulsivas nos nenos. Insuficiencia respiratoria aguda. Problemas gastrointestinais agudos. Deshidratación. Outros problemas máis frecuentes. Procedementos e técnicas de enfermaría. Problemas derivados do ingreso do neno no hospital. 

 

Tema 31.-Valoración e coidados de enfermaría nos pacientes con procesos infectocontaxiosos: hepatite, tuberculose, SIDA e meninxite. Outros procesos infecciosos. Procedementos e técnicas de enfermaría. Medidas de prevención e control. 

 

Tema 32.-Valoración e coidados de enfermaría no ancián. Principais cambios no proceso de envellecemento: fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais. Prevención de accidentes e deterioración cognitiva. Hábitos dietéticos. Orientación para o autocoidado. Principais problemas. Valoración da situación familiar e social. 

 

Tema 33.-Valoración e coidados de enfermaría no enfermo terminal. Principais problemas. Dor: características e escalas de medida. Dó: tipo e manifestacións. Apoio ao coidador principal e familia. 

 

Tema 34.-Valoración e coidados de enfermaría ás persoas con problemas de saúde mental: Alzheimer e outras demencias. Outras alteracións psíquicas. Prevención e control ante o risco do suicidio. Valoración da situación familiar e social. O apoio ao coidador principal e familia. Drogodependencias. Plan de Galicia sobre Drogas: xeneralidades. 

 

Tema 35.-Valoración e coidados de enfermaría ante situacións críticas: politraumatizados, queimados, shock, intoxicacións. Parada cardiorrespiratoria: definicións e medidas de actuación. Reanimación cardiopulmonar básica e avanzada. Urxencias e emerxencias: concepto. 

 

Tema 36.-Clasificación xeral dos medicamentos. Absorción e eliminación dos fármacos. Toxicidade e efectos colaterais. Farmacovixilancia. Condicións de conservación dos medicamentos. 

 

Tema 37.-Administración de medicamentos. Precaucións previas á administración dun fármaco. Vías de administración: definición e tipos. Puntos de elección, técnicas e problemas máis frecuentes. Cálculo de doses. 

 

Tema 38.-Alimentación e nutrición: concepto e diferenciación. Clasificación dos alimentos. Elaboración de dietas. Dietas terapéuticas. Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas de desnutrición, deshidratación, anorexia, bulimia e obesidade. 

 

Tema 39.-Valoración e coidados de enfermaría en persoas con nutrición enteral e parenteral. Técnicas de administración. Protocolos de actuación. 

 

Tema 40.-Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas neurolóxicos: accidente cerebrovascular, epilepsia. Outros problemas do sistema nervioso. Procedementos e técnicas de enfermaría. 

 

Tema 41.-Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas respiratorios: insuficiencia respiratoria aguda, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. Outros problemas broncopulmonares. Procedementos de enfermaría: oxixenoterapia e outras técnicas. 

 

Tema 42.-Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas cardiovasculares: insuficiencia cardíaca, infarto de miocardio, hipertensión arterial. Outros problemas cardiovasculares. Procedementos e técnicas de enfermaría. 

 

Tema 43.-Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas no sistema renal: insuficiencia renal aguda. Outros problemas renais e urolóxicos. Procedementos e técnicas de enfermaría. Cateterismo vesical: concepto, indicacións e contraindicacións da sondaxe vesical. 

 

Tema 44.-Valoración e coidados de enfermaría ás persoas con problemas endocrinolóxicos: diabete. Outros problemas. Procedementos e técnicas de enfermaría. 

 

Tema 45.-Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas no sistema músculo-esquelético. Principais problemas do aparello locomotor. Procedementos de enfermaría: vendaxes, inmobilizacións e outras técnicas. 

 

Tema 46.-Valoración e coidados de enfermería a persoas con problemas gastrointestinais: abdome agudo, úlcera gastroduodenal. Outros problemas gastrointestinais. Procedementos e técnicas de enfermaría. 

 

Tema 47.-Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas dos órganos dos sentidos: principais problemas. Procedementos e técnicas de enfermaría. 

 

Tema 48.-Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas oncolóxicos: principais problemas. Procedementos e técnicas de enfermaría. Medicamentos antineoplásicos: clasificación e efectos secundarios. Medicamentos coadxuvantes. Manipulación de medicamentos citostáticos. 

 

Tema 49.-Valoración e coidados de enfermaría do paciente cirúrxico: preoperatorio, intraoperatorio e poscirúrxico. Cirurxía maior ambulatoria e cirurxía menor en atención primaria. Procedementos de enfermaría: drenaxes, curas e outras técnicas. 

 

Tema 50.-Valoración e coidados de enfermaría nas feridas crónicas (úlcera por presión, úlcera varicosa, úlcera venosa, pé diabético e queimaduras): concepto, factores de risco, localización. Procesos de formación e estadíos. Escalas de valoración de risco. Medidas de prevención e tratamento.