Temario Perruqueiro
Parte común.
Tema 1.- A Constitución española: Principios fundamentais,
dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na
Constitución.
Tema 2.- O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A
Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3.- A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e
características. Competencias das Administracións públicas en relación coa
saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.- O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos
de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición
e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal.
Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario.
Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e
negociación colectiva.
Tema 5.- O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo.
Permisos e licencias.
Tema 6.- A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de
Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O
Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.- A Atención Primaria da Saúde:
concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na
Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada:
concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na
Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.- Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e
medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos
laborais do Sergas.
Parte
específica.
Tema 9.-
Anexos epidérmicos. O pelo. Clases
de pelo. Crecemento do pelo. Glándulas sebáceas. Glándulas sudoríparas.
Tema 10.-
Alteracións da glándula
sudorípara. Alteracións que afectan á cantidade. Alteracións que afectan á
calidade. Tratamento estético. Alteracións da glándula sebácea: seborrea. Orixe
da seborrea. Factores que inflúen na mesma. Tratamento estético. Alteracións do
sistema piloso: hipertricose. Hirsutismo.
Tratamento estético do hirsutismo. Técnicas habituais
para a eliminación do vello superfluo.
Tema 11.-
Infeccións e infestacións da pel e
coiro cabeludo. Piodermites. Pediculoses. Tiñas. Candidiases.
Herpes. Sarna. Dermatoses causadas por axentes biolóxicos. Enfermidades
venéreas. Pitiríases.
Tema 12.-
Cosmética específica para a
hixiene capilar. Acondicionadores capilares. Cosmética específica para o
afeitado. Cosmética masculina. Reaccións adversas a cosméticos en perruquería e
estética: Tipos. Prevención. Lexislación dos produtos cosméticos.
Tema 13.-
Produtos químicos de uso máis
frecuente en perruquería-estética. H20. Propiedades. Tipos. H2O2.
Propiedades. Aplicacións. Amoníaco. Alcol etílico.
Tema 14.-
Microorganismos. Concepto. Tipos.
Enfermidades que producen. Técnicas de saneamento.
Tema 15.-
Corte de cabelo. Útiles
empregados. Estrutura do corte.
Tema 16.-
Rasurado de pacientes. Rasurado
cranial. Rasurado corporal. Rasurado de pacientes con vías, cables de monitorización, sondas, lentes nasais de oxixenoterapia ou
outros. Precaucións e conduta a seguir.
Tema 17.- Hixiene e limpeza. Desinfección. Esterilización no salón de perruquería-estética. Métodos de desinfección. Condicións hixiénico-sanitarias requiridas.
Tema 18.-
Lei de Prevención de Riscos
Laborais. Prevención da transmisión de enfermidades infecciosas no hospital:
precaucións estándar (lavado de mans, uso de luvas, máscaras, batas, etc.). Illamento de contacto. Illamento respiratorio.
Métodos preventivos para evitar a transmisión de determinadas enfermidades
infecciosas (VIH , hepatites C e outras). Materiais desechables
na práctica da perruquería nas institucións sanitarias.