Pasador/a de ferro.

Parte común. 

 

Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

 

Tema 2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

 

Tema 3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

 

Tema 4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

 

Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

 

Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

 

Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

 

Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

 

Parte específica. 

 

Tema 9.-O espazo físico dunha lavandaría hospitalaria: consideración dos factores que inflúen; organización espacial e funcional. Áreas sucias e limpas. Barreiras de contaminación. 

 

Tema 10.-Equipamento, material e instalacións dunha lavandaría hospitalaria. Material permanente de consumo. Instalacións. 

 

Tema 11.-Procesamento da roupa en área sucia: técnicas de lavado (temperaturas, tempos), ideas básicas de eliminación de manchas. Procesamento da roupa en área limpa: centrifugado, secado, calandrado. Procesamento da roupa en roupeiro: almacenamento e distribución. 

 

Tema 12.-Características dos téxtiles e estudo das diferentes fibras que compoñen os tecidos. Reacción á acción de ácidos, lixivias, oxidantes, temperatura e acción mecánica. 

 

Tema 13.-As secadoras-pasadoras de ferro ou calandras: características: factores de rendemento; papel de pasado de ferro; outras funcións; rozamentos sobre a cubeta; purgadores; electricidade estática, os pousos ou depósitos, aspiración de vapores, dificultades de calandra. 

 

Tema 14.-Factores que interveñen nun bo pasado de ferro. Presión, vapor ou vacío. Tempos para a vaporización e o baleiro. 

 

Tema 15.-Actuación das fibras téxtiles fronte ao pasado de ferro. Coidados na operación e riscos nas pezas ao pasado de ferro. 

 

Tema 16.-Aparellos universais para o pasado de ferro. A prensa universal, a mesa de pasado de ferro, o ferro, cabinas ou túneles de acabamento, pan. Topper, manequín. A seguridade laboral no manexo deste tipo de maquinaria. 

 

Tema 17.-Problemas típicos no pasado de ferro. Fallos e a súa corrección.