Calefactor/a.

Parte común. 

 

Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

 

Tema 2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

 

Tema 3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

 

Tema 4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

 

Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

 

Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

 

Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

 

Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

 

Parte específica. 

 

Tema 9.-Conceptos básicos de presión, temperatura, cambios de estado, calor, transmisión. Vapor: tipos. 

 

Tema 10.-Combustibles. Características e aplicacións. 

 

Tema 11.-Caldeiras. Clasificación. Partes e accesorios. Seguridades. Rendementos. 

 

Tema 12.-Produción de auga quente sanitaria. Intercambiadores. Tipos. Funcionamento e control. Proteccións e seguridades. 

 

Tema 13.-Combustión. Queimadores. Funcionamento e clasificación. Control da combustión. Chemineas. Contaminación. 

 

Tema 14.-Tratamentos da auga: descalcificación, desmineralización, desgasificación, pH. 

 

Tema 15.-Condución de caldeiras e o seu mantemento. 

 

Tema 16.-Sistemas de distribución na montaxe de calefacción individual e central. Técnicas que se empregarán en cada unha delas. 

 

Tema 17.-Exixencias regulamentarias de mantemento en instalacións de centrais térmicas, instalacións de combustibles, auga quente e calefacción. Regulamento de aparellos a presión. 

 

Tema 18.-Climatización e aire acondicionado. Equipamentos. Sistemas. Funcionamento e control. Proteccións e seguridades. 

 

Tema 19.-Soldadura. Tipos. Técnicas de emprego. 

 

Tema 20.-Centrais de esterilización. Fundamentos. Equipamentos. Controis e seguridades. 

 

Tema 21.-Aforro de enerxía e protección do ambiente. 

 

Tema 22.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.