Temario de Logopedia
Parte común.
Tema
1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes
fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema
2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o
seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema
3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das
Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios
do sistema sanitario público.
Tema
4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde.
Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda
da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de
traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime
disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación
colectiva.
Tema
5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección
de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema
6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias
sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema
7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A
ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de
dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A
ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos
de dirección.
Tema
8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de
prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais
do Sergas.
Parte específica.
Tema 9.-Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes.
Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación
médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos.
Tema 10.-Principios fundamentais da bioética: dilemas
éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento
informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da
autonomía do paciente.
Tema 11.-Calidade no Sistema Nacional de Saúde:
características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico
técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario.
Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade.
Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e
implantación.
Tema 12.-Metodoloxía de investigación: técnicas
cuantitativas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico.
Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización
de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos
diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.
Tema 13.-Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico.
Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e
características. Sistema Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica. Enfermidades de
declaración obrigatoria.
Tema 14.-Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a
súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade,
migracións, crecemento vexetativo.
Tema 15.-Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade:
concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade,
letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación
galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia,
vulnerabilidade e custo.
Tema 16.-Técnicas e habilidades de comunicación e relación
interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e
características. Identificación de necesidades de apoio.
Tema 17.-Xestión e planificación de servizos sanitarios:
concepto. Produto sanitario: concepto. Carteira de servizos: concepto.
Tema 18.-Nocións básicas de informática: concepto de
procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
Tema 19.-Conceptos básicos sobre a comunicación e a
linguaxe. Adquisición e desenvolvemento da linguaxe e a comunicación. Funcións
da linguaxe. Linguaxe, lingua e fala.
Tema 20.-Psicoloxía da linguaxe. Pensamento e linguaxe. O
neno bilingüe e/ou trilingüe.
Tema 21.-Etapas de desenvolvemento da linguaxe no neno.
Alteracións da linguaxe máis comúns na etapa escolar.
Tema 22.-Anatomía e fisioloxía do oído. Déficit auditivo,
etioloxía e tipos. Avaliación do déficit auditivo: audiometrías, potenciais
evocados, otoemisións.
Tema 23.-Anatomía e fisioloxía dos órganos bucofonatorios. A
larinxe e as súas funcións. Mecánica respiratoria e fonación.
Tema 24.-Neuroanatomía da linguaxe.
Tema 25.-Codificación e decodificación lingüística.
Descrición e análise das compoñentes da linguaxe. Lingüística e logopedia.
Fonética e fonoloxía.
Tema 26.-Obxectivos da intervención logopédica.
Tema 27.-O logopeda: funcións e ámbitos de actuación. O logopeda
nos equipos multidisciplinares. Relación da logopedia con outras disciplinas:
fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía, medicina.
Tema 28.-Modelos de intervención: educación, reeducación,
rehabilitación e terapia.
Tema 29.-O programa de intervención logopédica: avaliación,
obxectivos, temporalización, metodoloxía, materiais e recursos, avaliación
continua e final.
Tema 30.-Clasificación xeral e breve definición dos
trastornos da linguaxe, fala, voz e audición.
Tema 31.-Avaliación e intervención logopédica en dislalias e
atrasos da fala.
Tema 32.-Avaliación e intervención logopédica en atrasos da
linguaxe e TEL (disfasias).
Tema 33.-Avaliación e intervención logopédica en alteracións
da lectura e escritura: dislexias, disgrafías, disortografías.
Tema 34.-Avaliación e intervención logopédica en disglosias.
Tema 35.-Avaliación e intervención nos trastornos de fluidez
da fala.
Tema 36.-Disartrias: avaliación e intervención en Párkinson,
ELA e esclerose múltiple.
Tema 37.-Disfonías: clasificación. Avaliación e
intervención. A voz profesional.
Tema 38.-Intervención logopédica en deficiencia mental,
autismo e mutismo.
Tema 39.-Intervención logopédica en deficiencias motoras e
en parálise cerebral.
Tema 40.-Afasias. Tipoloxía e correlatos anatómicos.
Tema 41.-Afasias e trastornos asociados: alexia, agrafía,
acalculia, apraxias, aprosodias.
Tema 42.-Afasias. Avaliación e intervención en adultos e
nenos.
Tema 43.-Intervención logopédica e envellecemento.
Intervención en demencias. Programas de estimulación e prevención.
Tema 44.-Intervención logopédica en laringuectomizados.
Próteses fonatorias.
Tema 45.-Intervención logopédica en trastornos da
deglutición: disfaxia.
Tema 46.-Intervención logopédica en deglutición atípica.
Tema 47.-Deficiencia auditiva. Desenvolvemento da linguaxe
no deficiente auditivo. Avaliación e valoración da deficiencia auditiva.
Clasificación e etioloxía das hipoacusias.
Tema 48.-Avaliación e valoración da linguaxe no deficiente
auditivo. Intervención logopédica na deficiencia auditiva: oralidade, palabra
complementada, linguaxe bimodal, linguaxe de signos.
Tema 49.-Próteses auditivas: implantes cocleares e
audiófonos. Adestramento auditivo e habilitación ou rehabilitación da linguaxe.
Tema 50.-O neno con implante coclear: atención ao son,
desmutización, desenvolvemento da linguaxe. O neno implantado fronte ao
bilingüismo. Relación do logopeda co otorrino, o audioprotesista e a escola.
Tema 51.-Intervención logopédica en nenos xordocegos.
Tema 52.-Sistemas aumentativos e alternativos de
comunicación.
Tema 53.-Técnicas de grupo en logopedia e habilidades
sociais.
Tema 54.-Prevención e atención temperá nos trastornos de
linguaxe, fala, voz e audición.
Tema 55.-Recursos tecnolóxicos en logopedia.
Tema 56.-Logopedia e musicoterapia.
Tema 57.-Éxito na intervención: motivación e compromiso do
paciente, motivación e compromiso do logopeda, o papel da familia.