Lavandeira.
Parte común.
Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes
fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A
Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das
Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios
do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde.
Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda
da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de
traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime
disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación
colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección
de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias
sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A
ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de
dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A
ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos
de dirección.
Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de
prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais
do Sergas.
Parte
específica.
Tema 9.-O espazo físico dunha
lavandaría hospitalaria: consideración dos factores que inflúen; organización
espacial e funcional. Áreas sucias e limpas. Barreiras de contaminación.
Tema 10.-Equipamento,
material e instalacións dunha lavandaría hospitalaria. Material permanente de
consumo. Instalacións.
Tema 11.-Procesamento da
roupa en área sucia: técnicas de lavado (temperaturas, tempos), ideas básicas
de eliminación de manchas. Procesamento da roupa en área limpa: centrifugado,
secado, calandrado. Procesamento da roupa en roupeiro: almacenamento e
distribución.
Tema 12.-A auga como un dos
elementos máis importantes no lavado de roupa. Calidade da auga. Tratamentos da
auga.
Tema 13.-Características dos
téxtiles e estudo das diferentes fibras que compoñen os tecidos. Reacción á
acción de ácidos, lixivias, oxidantes, temperatura e acción mecánica.
Tema 14.-Tipos de sucidade (manchas) e forma de eliminala. Clasificación
segundo o método utilizado.
Tema 15.-Características dos produtos de lavado e neutralizantes. Calidades
das lixivias. Anticloros: vantaxes e inconvenientes.
Tema 16.-Métodos e controis
de lavado. Mollado, prelavado, aclarado, lixiviado. Programas de lavado segundo
a sucidade e o tipo de fibra. Controis: auga, produtos, máquinas, operacións,
aclarados e calidade obtida.
Tema 17.-Secado de roupas e
pezas da institución hospitalaria, así como a súa clasificación e reconto.