GRUPO TÉCNICO DA
FUNCIÓN ADMINISTRATIVA
I.- PARTE COMÚN:
Tema 1.- A Constitución
española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais
dos españois. A protección da saúde na
Constitución.
Tema 2.- O Estatuto de Autonomía de
Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A
Administración Pública galega.
Tema 3.- A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características.
Competencias das Administracións
públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes
dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.- O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos
de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e
deberes. Adquisición e perda da
condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións
do persoal estatutario. Réxime
disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación
e negociación colectiva.
Tema 5.- O persoal
estatutario do Servizo Galego
de Saúde. Provisión e selección
de prazas. Réxime
retributivo. Xornada de traballo.
Permisos e licencias.
Tema 6.- A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia.
Competencias sanitarias das administracións
públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.- A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de
Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto
e características xerais. A ordenación
da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de
dirección.
Tema 8.- Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e
medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais
do Sergas.
II.- PARTE GENERAL:
I.-DEREITO CONSTITUCIONAL, AUTONÓMICO E
COMUNITARIO.
Tema 9.- Concepto de
Constitución. A Constitución como norma xurídica.
Liñas fundamentais do constitucionalismo
español.
Tema 10.- A Constitución
española de 1978. Os principios constitucionais. O Estado español
como Estado social e democrático de dereito. A reforma constitucional.
Tema 11.- Os dereitos fundamentais
da Constitución española. Garantías e tutela.
Tema 12.- A Xefatura do Estado: A Coroa.
Funcións constitucionais do Rei. O referendo. As Cortes xerais.
Composición e atribucións do Congreso dos Deputados e do Senado.
Procedemento de actuación das cámaras. Elaboración das
Leis.
Tema 13.- O Goberno e a
Administración. Relacións entre o Goberno e as Cortes xerais.
Designación, duración e responsabilidade do Goberno. O Consello
de Ministros. O Presidente do Goberno. Os Ministros. O Poder xudicial. A
regulación constitucional da xustiza. O Consello Xeral do Poder
Xudicial. O Ministerio Fiscal.
Tema 14.- A Administración
Pública: Principios constitucionais que a informan. A
Administración Xeral do Estado. Órganos superiores da mesma. A
Administración Periférica do Estado: Delegados de Goberno e
Subdelegados. Relacións entre as Administracións Públicas:
mecanismos de cooperación, coordinación e control. A
Administración Local: A provincia e o municipio.
Tema 15.- A Administración
institucional: Concepto e clasificación dos entes públicos non
territoriais. Os organismos autónomos. A Administración consultiva:
O Consello de Estado. O Consello Consultivo de Galicia: funcións e
composición.
Tema 16.- A distribución
territorial do poder do Estado: análise histórica e
evolución. Os diversos modelos existentes. O Estado das
autonomías. A súa regulación na constitución.
Tema 17.- A autonomía
política. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos
de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos
estatutos.
Tema 18.- A autonomía galega:
orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura
e contido. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os
símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da
galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns
galegos: garantías.
Tema 19.- Organización
política das comunidades autónomas. As institucións de
autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de
Xustiza en Galicia.
Tema 20.- O Goberno da Comunidade
Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de
Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: o control
parlamentario da acción de goberno. O Valedor do Pobo. Lei 4/2006 , do
30 de xuño , de transparencia e de boas prácticas na
administración pública galega: ámbito e principios xerais.
Transparencia na actividade administrativa.
Tema 21.- A Unión Europea: a
Unión Política e Monetaria. As fontes do Dereito Comunitario
Europeo. As relacións entre o Dereito comunitario e o ordenamento
xurídico dos Estados membros. A aplicación da normativa
comunitaria no Estado Español. A participación das Comunidades
Autónomas na aplicación do Dereito comunitario.
II.- TEORÍA XERAL DO DEREITO.
Tema 22.- As fontes do dereito:
teoría xeral e regulación no Código Civil. Especialidades
do sistema de fontes do dereito no ámbito do dereito administrativo.
Tema 23.- O dereito obxectivo.
Interpretación, aplicación e eficacia das normas. Dereitos e
facultades. O dereito subxectivo. A relación xurídica.
III.-DEREITO ADMINISTRATIVO.
Tema 24.- O dereito administrativo.
Concepto. A actividade administrativa de dereito privado. A Constitución
como norma xurídica. A lei: concepto e clases. Disposicións do
executivo con forza de lei: decretos-leis e decretos
lexislativos. O regulamento: concepto e clases. Límites da potestación regulamentaria.
Tema 25.- O principio de legalidade
na Administración. Atribucións de potestades. Potestades
reguladas e potestades discrecionais. Relacións entre
Administración e Xustiza. O principio de autotutela.
Tema 26.- O acto administrativo. Concepto
e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e
forma. A eficacia e executividade do acto
administrativo. Procedementos de execucións. Nulidade de pleno dereito, anulabilidade. Revisión de oficio e revogación
dos actos administrativos.
Tema 27.- O procedemento administrativo:
concepto e natureza. A regulación do procedemento administrativo no
dereito español: ámbito de aplicación, principios xerais,
os interesados e a estrutura do procedemento. O procedemento administrativo na
comunidade autónoma de Galicia.
Tema 28.- Os recursos administrativos:
conceptos e clases. Requisitos xerais dos recursos administrativos. Materias
recorribles, lexitimación e órgano competente. Tipos de recursos.
O recurso contencioso-administrativo: procedemento
xeral.
IV.-LEXISLACIÓN E XESTIÓN SANITARIA.
Tema 29.- Concepto da saúde:
Evolución histórica e actual consideración do mesmo.
Perspectiva constitucional da sanidade. O dereito á saúde no
ámbito do dereito comparado: Modelos sanitarios máis relevantes
no marco internacional, especialmente europeo.
Tema 30.- Organización do
sistema sanitario español. Normas que desenvolven o dereito a
protección da saúde no Estado español. Normativa de
Galicia o seu contido. Dereitos e deberes dos cidadáns en
relación co dereito á saúde. A universalidade da
asistencia sanitaria. A atención aos emigrantes.
Tema 31.- As competencias do Estado, das
comunidades autónomas e das entidades locais en materia de sanidade. A
alta inspección. Coordinación entre as administracións
públicas: O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de
Saúde.
Tema 32.- A estrutura do sistema
sanitario público: A organización xeral, a coordinación e
a financiación. Análise das leis
vixentes, contido e fins.
Tema 33.- A formación
especializada: Regulación legal das especialidades médicas,
farmacéuticas e de enfermería. O exercicio da profesión
sanitaria. Requisitos para o exercicio legal das profesións sanitarias.
Tema 34.- Dereitos e deberes dos
pacientes e dos profesionais na lexislación española. O secreto
médico. O dereito da confidencialidade.
Normativa europea e española de protección de datos persoais. A
información e o consentimento informado: Normativa europea,
española, e galega. A información clínica como fonte de
dereitos e deberes
Tema 35.- A relación cos
pacientes: Deberes xerais, deberes de tratamento. Fundamentos da
deontoloxía e ética médica: principios éticos. Leis
e normativa española sobre reprodución humana, a relacionada
coa morte, sobre experimentación con seres humanos, e doazón e
transplantes de órganos: Cuestións básicas
Tema 36.- Prestacións do sistema
sanitario público español: mantenemento
do nivel de calidade e cohesión. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos
causantes. Beneficiarios: prestacións médicas e
farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. Normativa
autonómica de Galicia en materia de prestacións sanitarias e
farmacéuticas
Tema 37.- Ordenación da sanidade
en Galicia: Planificación, actuacións e intervención en
materia de saúde. Asistencia sanitaria na rede galega de atención
sanitaria de utilización pública. Participación
comunitaria. Dereitos e deberes dos cidadáns. As infraccións e
sancións. Docencia, formación e investigación sanitaria.
Tema 38.- A Consellería de
Sanidade: Estrutura orgánica e competencias. O Servizo Galego de
Saúde: natureza xurídica, estrutura orgánica e
competencias dos seus órganos.
Tema 39.- A ordenación
sanitaria en Galicia: mapa sanitario. A atención primaria na Comunidade
Autónoma de Galicia: ordenación e estructura.
As urxencias extra hospitalarias: organización. Coordinación das
urxencias. A tarxeta sanitaria
Tema 40.- A atención
especializada: ordenación en Galicia, estructura
organizativa, carteira de servizos, a atención urxente. Modelos de
xestión por entidades públicas sanitarias: evolución.
Configuración dos centros hospitalarios. Clasificación dos
servizos: médicos, cirúrxicos, centrais, xerais. O servizo de atención
ao paciente.
V. XESTIÓN DE PERSOAL.
Tema 41.- O persoal ó servizo das
administracións públicas. Clases de persoal. Principios
definidores do persoal funcionario, estatutario e laboral. Lexislación
aplicable. Xurisdicción competente.
Previsións das Leis en materia de persoal do sector sanitario
público. Análise histórico e normativa básica
actual. Aspectos esenciais das normas vixentes en materia de
clasificación do persoal. Planificación e ordenación do
persoal. Tipos de rexímenes xurídicos
que conviven nas institucións sanitarias do SERGAS.
Tema 42.- Regulación
básica de persoal do sistema nacional de saúde e desenvolvemento
en Galicia: Adquisición e perda da condición de persoal
estatutario fixo. Situacións administrativas. Dereitos e deberes. Responsabilidade
dos profesionais: penal, administrativa e disciplinaria.
Tema 43.- : Regulación
básica do sistema nacional de saúde e desenvolvemento en Galicia
en materia de provisión de prazas, selección fixa e temporal, e
promoción interna, mobilidade do persoal, criterios de
incorporación e cesamento. Provisión de postos de xefatura e
coordinación. Provisión de postos de carácter directivo.
Tema 44.- A carreira e o desenvolvemento
profesional: análise das normas. Previsión, e desenvolvemento
normativo en Galicia da carreira profesional do persoal das institucións
sanitarias do SERGAS.
Tema 45.- . Réxime retributivo do
persoal das institucións sanitarias. Cadros orzamentarios de persoal
Xornada de traballo, permisos e licencias do persoal estatutario do Servizo
Galego de Saúde.
Tema 46.- Entidades xurdidas ao
amparo das novas formas de xestión. As fundacións públicas
sanitarias e empresas públicas sanitarias da Comunidade autónoma.
O convenio colectivo.
Tema 47.- Lexislación
española e galega sobre igualdade de homes e mulleres e sobre
conciliación da vida persoal, familiar e laboral.: Principios e
dereitos.
Tema 48.- Os axentes sociais. Os dereitos
sindicais, a acción sindical e a folga. Límite da folga nos
servicios públicos esencias. Os órganos
de representación do persoal no sector público.
Negociación e participación: A negociación colectiva no
sector público. Competencias negociadoras: pactos e acordos. A participación:
órganos, especial referencia as características en Galicia.
Tema 49.- As incompatibilidades do
persoal ó servizo das administracións públicas.
Análise específico das incompatibilidades no sector sanitario e a
súa problemática. Responsabilidade derivada da incompatibilidade.
Tema 50.- A función directiva:
concepto de dirección. Funcións directivas. Modalidades de
dirección. Técnicas de dirección. A dirección participativa por obxectivos. Concepto. Fases de
desenvolvemento. Análise de resultados. A dirección
estratéxica. Concepto de estratexia: Elementos esenciais. Análise
estratéxica externa e interna. Xestión de persoas: principios
xerais
VI. XESTIÓN ECONÓMICA E DE SERVIZOS.
Tema 51.- O orzamento: concepto e
características principais. Principios orzamentarios. Crise do orzamento
clásico e novas tendencias orzamentarias. A clasificación
funcional e o orzamento de execución. O orzamento por programas. O
orzamento en base cero.
Tema 52.- O Decreto lexislativo 1/1999,
do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime
financeiro e orzamentario de Galicia. A Facenda da Comunidade.
Tema 53.- A Lei xeral de orzamentos
e os orzamentos da comunidade autónoma de Galicia. Especial referencia
ó orzamento do Servizo Galego de Saúde: concepto e natureza.
Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación..
Tema 54.- Execución orzamentaria.
Modificacións orzamentarias. Control interno. Liquidación do
orzamento e rendemento de contas.
Tema 55.- A xestión do gasto
público. Fases de execución e documentos contables. Fondos a
xustificar. Anticipos de caixa. Gastos plurianuais. Expedientes anticipados de
gasto. Xestión de ingresos: fase de execución e documentos
contables.
Tema 56.- Os ingresos públicos:
concepto e clasificacións. O sistema tributario español. Taxas e
prezos públicos: especial referencia ás taxas e prezos
públicos en Galicia.
Tema 57.- O financiamento do sistema
nacional de saúde. Especial referencia o financiamento do Servizo Galego
de Saúde. A asistencia sanitaria con medios alleos á Seguridade
Social: Principios xerais e réxime xurídico. A
participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos.
Tema 58.- Información
sanitaria: Datos e indicadores básicos. Medidas de produción
hospitalaria: definición e cálculo da unidade ponderada de
asistencia. O conxunto mínimo básico de datos: definición,
características, aplicación e variables recollidas no conxunto
mínimo básico de datos do Servizo Galego de Saúde.
Tema 59.- A función de
admisión dentro dos procesos de xestión da asistencia sanitaria.
Xestión de listas de espera. Sistemas de información entorno
á asistencia especializada e atención primaria. Arquivo e
documentación clínica.
Tema 60.- A prevención de riscos.
Marco normativo e organización da prevención de riscos e
saúde laboral. Adaptación da lexislación á
administración pública. Órganos de participación no
SERGAS. Responsabilidade disciplinaria do persoal estatutario en materia de
prevención de riscos.
VII. SISTEMAS DE INFORMACIÓN.
Tema 61.- Os sistemas de
información: Conceptos xerais das tecnoloxías da
información.
Tema 62.- A Lei orgánica 15/1999,
do 13 de decembro, de proteccións de datos de carácter persoal.
Tarxeta sanitaria.
Tema 63.- .Os ordenadores persoais.
Sistemas operativos actuais. A protección xurídica dos programas
de ordenador.
Tema 64.- Ferramentas principais de
informática persoal. Bases de datos. Follas de cálculo.
Procesadores de texto. Bases de datos documentais.
Tema 65.- Redes de área local.
Concepto. Compartición de recursos. Vantaxes.
Rede internet: Concepto. Principais navegadores.
Correo electrónico. Intranet.
III-PARTE ESPECÍFICA
MODALIDAD XURÍDICA.
Tema 66.- Concepto do dereito. Fontes do
Dereito. Dereito público e privado. Dereito obxectivo e dereito
subxectivo. Concepto do dereito civil: O dereito civil español
común e foral, os seus distintos rasgos.
Tema 67.- A norma xurídica:
Concepto, clases, interpretación. Laguna do
ordenamento. A analoxía. A eficacia da norma xurídica. A
ignorancia da Lei. A forza obrigatoria da norma en relación co tempo.
Caducidade e prescrición.
Tema 68.- Comunidades Europeas e
Unión Europea. Antecedentes e situación actual. A posición
española. Estatuto e competencias. O Consello. A Comisión. O
Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza. Órganos complementarios.
Tema 69.- O sistema xurídico da
Unión Europea. Fontes do Dereito Comunitario. Carácteres do
Dereito Comunitario. A aplicación do Dereito Comunitario e a súa
integración no ordenamento xurídico español.
Tema 70.- As liberdades básicas do
sistema comunitario. Libre circulación de traballadores, capitais e
mercadorías. O espazo económico europeo.
Tema 71.- A Administración
pública como persoa xurídica. O concepto de Administración
na evolución do dereito administrativo. A división de poderes.
Actividades administrativas dos órganos constitucionais do Estado. A
coordinación das administracións públicas. A
Administración pública na lexislación vixente.
Tema 72.- As fontes do dereito
administrativo. A primacía das fontes escritas no dereito administrativo.
O valor do costume e dos principios xerais.
Tema 73.- A Lei: concepto e clases.
Disposicións do executivo con forza de lei: decretos-leis
e decretos lexislativos.
Tema 74.- O regulamento: clases.
Fundamentos e límites da potestade reguladora. Regulamentos ilegais: A
súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.
Tema 75.- A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos da
relación xurídico-administrativa: as
administracións públicas.O administrado. Situacións
xurídicas dos administrados.
Tema 76.- O acto administrativo: concepto
e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e
forma.
Tema 77.- A eficacia do acto
administrativo: principios xerais. Executividade e
suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno
dereito. Anulabilidade. Revogación e
revisión de oficio.
Tema 78.- A Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común (I):
Ámbito de aplicación e principios xerais. As
administracións públicas e as súas relacións. Os
órganos das administracións públicas. Os interesados.
Tema 79.- A Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común (II): A
actividade das administracións públicas. Disposicións e
actos administrativos. As disposicións xerais sobre os procedementos
administrativos. A revisión dos actos na vía administrativa. As
reclamacións previas ó exercicio das accións civís
e laborais.
Tema 80.- A xurisdición contencioso-administrativa: concepto e natureza. O recurso contencioso-administrativo: partes, actos impugnables,
procedemento. Recursos contra sentencias. Execución de sentencias.
Tema 81.- Os contratos administrativos:
natureza, carácteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e
forma. Formas de adxudicación dos contratos. Especial referencia
á contratación con empresas consultoras ou de servizos.
Tema 82.- Contrato de
subministracións: normas xerais, publicidade, adxudicación,
formalización, execución, modificación e extinción
do contrato. Contratacións de consultaría e asistencia e de
servizos: normas xerais, preparación, publicidade, adxudicación,
execución, modificación, cumprimento e resolución do
contrato. Contrato de obras: preparación, publicidade, execución,
modificación e extinción do contrato.
Tema 83.- Contido e efectos dos
contratos administrativos. Prerrogativas da Administración e equilibrio
financeiro. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza
maior na contratación administrativa. Revisión de prezos.
Resolución, rescisión e renuncia.
Tema 84.- A expropiación forzosa.
Potestade expropiatoria. Natureza e
xustificación. Suxeitos, obxecto e causa. Contido. O procedemento expropiatorio en xeral. Garantías xurisdicionais.
Tema 85.- A responsabilidade patrimonial
da Administración. Características da institución no
sistema español. Lesión determinante, suxeitos imputables e causa
de imputación. A extensión da reparación. A acción
de responsabilidade.
Tema 86.- A responsabilidade dos
profesionais sanitarios e da Administración. Responsabilidade penal e
disciplinaria. Responsabilidade profesional na practica sanitaria: imprudencia
profesional, omisión del deber de socorro, violación do segredo
profesional, intrusismo, falsidade en certificado
médico.
Tema 87.- A potestade sancionadora
da Administración. Principios xerais do dereito administrativo sancionador. Procedemento sancionador.
Medidas sancionadoras administrativas.
Tema 88.- A actividade administrativa de
servizo público. Teoría xeral. Formas de xestión dos
servizos públicos. Especial referencia ás autorizacións e
concesións.
Tema 89.- As propiedades administrativas
en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración. O dominio
público: concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime
xurídico do dominio público.
Tema 90.- Función pública e
burocracia: Os principais modelos de función pública. A
relación de servizos entre a Administración e os empregados
públicos: réxime funcionarial e dereito
laboral. A reforma da función pública española de 1984. A Lei 4/88, do 26 de
maio, da función pública galega e modificacións
posteriores.
Tema 91.- A función
pública galega: Selección dos funcionarios públicos.
Adquisición da condición de funcionario. Formación e
perfeccionamento. A carreira administrativa. Provisión de postos de
traballo e promoción profesional. Situacións administrativas.
Os dereitos dos funcionarios públicos. Os dereitos de sindicación
e folga. A seguridade social. Deberes. Responsabilidade e réxime
disciplinario. Extinción da relación funcionarial.
Tema 92.- Persoal laboral ó
servizo da Administración pública galega. Análise do
Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia:
ámbito de aplicación, órgano de vixilancia, estabilidade
no emprego e incompatibilidades, provisión de vacantes e acceso á
condición de persoal laboral, organización e dirección do
traballo, xornada do traballo.
Tema 93.- A función
inspectora no ámbito sanitario. Especial referencia á
ordenación de funcións da Inspección de Servizos
Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tema 94.- A asistencia sanitaria
con medios propios a persoal alleo á Seguridade Social. A asistencia
sanitaria con medios alleos: centros e servizos concertados. O transporte
sanitario. O reintegro de gastos.
Tema 95.- O dereito do traballo:
concepto, fins e contido. O traballo como obxecto do dereito. As fontes do
dereito de traballo.
Tema 96.- O convenio colectivo. Concepto,
natureza e efectos. Contido obrigacional e normativo.
Capacidade, lexitimación e ámbito de vixencia. Acordos de
adhesión e actos de extensión. Acordos marco. Convenio colectivo
impropio.
Tema 97.- O contrato de traballo.
Concepto, obxecto e causa. As relacións de traballo especiais. Nacemento
do contrato de traballo. A forma do contrato de traballo. Proba da
relación laboral. O período de proba. A duración do
contrato de traballo. Contratos de traballo de duración determinada.
Análise da contratación de carácter estrutural e
conxuntural. Especial consideración da contratación temporal no
ámbito da Administración pública.
Tema 98.- Suspensión do contrato
de traballo. Incapacidade laboral. servizo militar. Privación da
liberdade. Excedencia. Subrogación empresarial. O poder disciplinario.
Procedemento sancionador. A extinción do
contrato de traballo. O despedimento disciplinario. Despedimentos especiais.
Extinción do contrato por decisión do traballador. Vontade
concorrente das partes. Prescrición e caducidade das accións
derivadas dos contratos de traballo.
Tema 99.- O decreto 206/2005, do 22 de
xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde: selección de
persoal fixo. Mobilidade. Provisión de postos de carácter
directivo. A Provisión de postos de xefatura e coordinación.
Tema 100.- A selección de
persoal temporal no Servicio Galego de Saúde.
Antecedentes e evolución das normas pactadas no SERGAS nesta materia.
Referencia ao sistema vixente. Modalidades de vinculación temporal.
Tema 101.- Réxime de
retribucións do persoal estatutario da Seguridade Social: Análise
do Real decreto-lei 3/1987, do 11 de setembro e do
sistema retributivo do persoal sanitario de cota e zona. Indemnizacións
por razón do servizo. Conceptos retributivos: cómputo e devengo. Tramitación de nóminas.
Liquidacións á Seguridade Social e IRPF. O recibo de salarios.
Indemnizacións por razón do servizo.
Tema 102.- A liberdade sindical.
Réxime xurídico, representatividade e acción sindical.
Tutela da liberdade sindical. Órganos de representación do
persoal ó servizo das administracións públicas vinculado a
elas cunha relación de carácter administrativa ou estatutaria.
Características no SERGAS Participación na determinación
das condicións de traballo. O dereito de reunión.
Tema 103.- A elección dos
órganos de representación dos traballadores: Comités de
empresa e delegados de persoal. Os órganos de representación do
persoal funcionario e estatutario: Normativa aplicable. Procedemento de
elección. Garantías e dereitos.
Tema 104.- Dereito de folga e o seu
exercicio. A folga nos servizos públicos. Determinación do
mínimo de actividade necesaria para aseguralo mantemento dos servizos
esenciais e o persoal preciso para prestalo: Normativa aplicable e procedemento
para a súa fixación.
Tema 105.- O sistema español da
Seguridade Social. Campo de aplicación e estrutura do sistema de
Seguridade Social: Réxime xeral e réximes especiais. O modelo da
Seguridade Social na constitución. A constitución da
relación xurídica de aseguramento.
Inscrición de empresas. Afiliación, altas e baixas: Procedemento.
Cotización. Bases e tipos de cotización. Suxeitos obrigados e
responsables da cotización.
Tema 106.- Acción protectora.
Prestacións: incapacidade temporal, invalidez, xubilación, morte
e supervivencia. A protección por desemprego: A protección
á familia. Asistencia sanitaria. Accidente de traballo e enfermidade profesional.
Concepto e características. Prestacións derivadas do accidente
laboral .
MODALIDADE ECONÓMICA.
Tema 66.- A economía como ciencia:
Concepto, obxecto e contido. Divisións da mesma: Microeconomía e
macroeconomía. O método e instrumentos da ciencia
económica.
Tema 67.- Os modelos
macroeconómicos. Escolas de pensamento económico: O modelo
neoclásico vs. modelo keynesiano. A economía postkeynesiana:
a escola monetarista de Chicago, o modelo de
crecemento económico de Solow e outras achegas
postkeynesianas.
Tema 68.- O fluxo circular da renda. A
Contabilidade nacional: produción, renda e gasto. Análise na
economía aberta. Macromagnitudes agregadas
básicas.
Tema 69.- Demanda agregada (I): A demanda
de consumo. A demanda de inversión. O equilibrio no mercado de bens e servizos.
Desviacións. O efecto multiplicador. O paradoxo da frugalidade. O pleno
emprego e a inflación.
Tema 70.- Teorías das rendas
absoluta, relativa e permanente nunha análise sectorial cruzada. Renda e
consumo.
Tema 71.- Demanda agregada (II): o Estado
e a demanda agregada. Os efectos da intervención do Estado sobre a
renda. A política fiscal. O déficit público.
Tema 72.- O mercado de activos (I): os
agregados monetarios. Os activos financeiros. A rendibilidade dos activos e os
tipos de interese. A demanda de diñeiro.
Tema 73.- O mercado de activos (II): a
oferta monetaria. Equilibrio e perturbacións no mercado do
diñeiro. A política monetaria.
Tema 74.- Demanda agregada (III): A demanda de inversión e o
tipo de interese. Interrelación dos mercados
de bens e de activos.
Tema 75.- Demanda agregada (IV): A
incidencia da política monetaria no equilibrio do mercado de bens e
activos. A incidencia da política fiscal. A incidencia conxunta da
política monetaria e fiscal.
Tema 76.- A oferta agregada: variables
determinantes. O mercado de traballo. A curva de oferta agregada.
Desprazamentos da oferta agregada. O modelo de oferta e demanda agregadas:
análise do equilibrio a corto e longo prazo.
Tema 77.- Definición de
inflación. Inflación baseada na demanda. Inflación por
empuxe dos custos. O control da inflación e a curva de Philips.
Inflación de demanda fronte á inflación de custos.
Tema 78.- A Lei da demanda. O lado da
oferta. A elasticidade. Equilibrio e interacción de oferta e demanda. O
teorema da tea de araña.
Tema 79.- Teoría da demanda do
consumidor: análise baseado na utilidade marxinal e nas curvas de
indiferenza. Efecto renda e efecto substitución. Método de Slutsky. A teoría da preferencia revelada. O
excedente do consumidor.
Tema 80.- A teoría da
produción: isocuantas e isocustos.
O teorema de Euler. Os custos de produción:
longo e curto prazo.
Tema 81.- A competencia pura. Curto e
longo prazo. O monopolio puro: especial referencia ao ingreso marxinal e ao prezo.
O oligopolio. A competencia monopolística.
Tema 82.- O financiamento das Comunidades
Autónomas. Recursos propios e tributos cedidos. O Fondo de
Compensación Interterritorial.
Tema 83.- A sanidade no marco da
economía española. Sanidade pública e privada.
Evolución e tendencias. Análise económica do sistema de
Seguridade Social. Estrutura dos seus recursos. Gastos e dotacións do
sistema.
Tema 84.- O Servizo Galego de
Saúde no marco da economía galega. Principais interrelacións
entre a asistencia sanitaria e magnitudes macroeconómicas da Comunidade
Autónoma de Galicia. Análise económica do Servizo Galego
de Saúde en relación cos orzamentos da Xunta de Galicia.
Tema 85.- A demanda de prestacións
sanitarias. A demanda de coidados médicos. Inputs
e outputs hospitalarios. A oferta de servizos
sanitarios: características. Efectos da innovación
tecnolóxica. Avaliación da calidade asistencial.
Tema 86.- A renda nacional en
España e a súa distribución. Efectos redistributivos
do gasto en sanidade pública. Distribución da renda en Galicia.
Tema 87.- A contabilidade como ciencia. O
concepto de patrimonio e os equilibrios patrimoniais. A conta.
Tema 88.- O balance como instrumento de
representación do patrimonio. O balance como orixe e termo das
contabilizacións. O resultado do exercicio. Periodificación
de resultados. Conta de explotación xeral. A conta de resultados do
exercicio.
Tema 89.- O Plan Xeral Contable:
Principios contables. Cadro de contas. Definicións e relacións
contables. Contas anuais: balance, conta de perdas e ganancias e cadro de
financiamento. Memoria do exercicio. Normas de valoración.
Tema 90.- Análise de estados económico-financeiros. Análise de balances:
método. Análise patrimonial. Análise económico e de
rendibilidade.
Tema 91.- A contabilidade
analítica: Concepto e metodoloxía. Enlace entre a contabilidade
analítica e financeira. O modelo español de contabilidade
analítica.
Tema 92.- Os custos. Concepto e clases.
Métodos de cálculo. Os custos e a produción
conxunta. Cálculo de resultado interno e das desviacións en
custo. Análise estatística dos custos.
Tema 93.- O concepto de contabilidade
pública. O Plan Xeral de Contabilidade Pública: principios,
estrutura e criterios de valoración. A contabilidade pública na
Comunidade Autónoma de Galicia.
Tema 94.- Medidas de posición:
media, mediana e moda. Medidas de dispersión: varianza,
desviación típica e coeficiente de variación.
Tema 95.- Números índices.
Índices de valores, prezos e cantidades. Series temporais.
Características e análise das series temporais. Desestacionalización de series temporais.
Tema 96.- Réxime de
retribucións do persoal estatutario da Seguridade Social: Análise
do Real decreto-lei 3/1987, do 11 de setembro e do
sistema retributivo do persoal sanitario de cota e zona. Indemnizacións
por razón do servizo. Conceptos retributivos: cómputo e devengo. Tramitación de nóminas.
Liquidacións á Seguridade Social e IRPF. O recibo de salarios.
Indemnizacións por razón do servizo.
Tema 97.- Cadros orzamentarios de
persoal. Categorías estatutarias. Grupos de clasificación.
Seguimento e cobertura de persoal. Modificacións de cadros de persoal.
Tema 98.- A xestión da calidade no
ámbito sanitario: evolución do concepto de calidade. Medida e
mellora dos procesos. A calidade total: o modelo EFQM. Normalización, acreditación e certificación.
Tema 99.- A xestión de
inmobilizado: concepto e clasificación. Análise de
inversións. Inventarios: tipos e realización. O presuposto das
inversións. A obsolescencia: Modalidades. As amortizacións.
Tema 100.- O aprovisionamento: Concepto e
funcións. A xestión de compras: O proceso, fases e factores
determinantes. Ferramentas da xestión de compras: Presuposto,
negociación, cadros de mando, clasificación ABC e variables
financeiras. O aprovisionamento no Servizo Galego de Saúde.
Tema 101.- A xestión de
almacéns. Xestión de existencias. Criterios de valoración.
Cálculo de stocks. Sistemas de identificación de produtos.
Control de consumos. Determinación das unidades de custo sanitario.
Procedementos. Estándares.
Tema 102.- A xestión hostaleira.
Alimentación: Procesos funcionais. Lenzaría e lavandaría:
Procesos funcionais. A limpeza. A xestión dos residuos sanitarios.
Outros servizos hostaleiros.
Tema 103.- A xestión de mantemento:
Concepto, estrutura e tipos. Especial referencia o mantemento preventivo. As
regulamentacións técnicas, planificación,
organización e control de mantemento.
Tema 104.- Contrato de
subministracións: normas xerais, publicidade, adxudicación,
formalización, execución, modificación e extinción
do contrato.
Tema 105.- Contrato de obras:
preparación, publicidade, execución, modificación do
contrato e extinción do contrato. O contrato de concesión de obra
pública.
Tema 106.- Contratacións de
consultaría e asistencia e de servizos: normas xerais,
preparación, publicidade, adxudicación, execución,
modificación, cumprimento e resolución do contrato.