Grupo auxiliar
función administrativa.
Parte común.
Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes
fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A
Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das
Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios
do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde.
Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda
da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de
traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime
disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación
colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección
de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias
sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A
ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de
dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A
ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos
de dirección.
Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de
prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais
do Sergas.
Parte
específica.
Tema 9.-Lei 41/2002, do 14 de
novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en
materia a información e documentación clínica: os dereitos da información
sanitaria e da intimidade. A Lei 3/2001, do 28 de
maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos
pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo: historia clínica.
Tema 10.-A Lei orgánica
15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal:
disposicións xerais; protección de datos; dereitos das persoas; ficheiros de
titularidade pública.
Tema 11.-Tarxeta sanitaria:
características fundamentais, alcance e contido.
Tema 12.-Réxime xeral da Seguridade Social: campo de aplicación.
Afiliación, cotización e redacción. Acción protectora: continxencias protexibles
e réxime xeral de prestacións.
Tema 13.-Estrutura orzamentaria. Pagamentos en firme e a xustificar. A
ordenación do gasto e do pagamento; órganos competentes, fases do procedemento
e documentos contables que interveñen. Ideas básicas
e xerais de contabilidade financeira e orzamentaria.
Tema 14.-Contratación
administrativa. Contrato de obras. Contrato de subministracións. Contratos de
servizos.
Tema 15.-Cadro de persoal orzamentario:
concepto. Selección de persoal estatutario temporal. Tipos de nomeamento.
Confección de nóminas.
Tema 16.-O acto
administrativo: concepto e clases. A motivación e a forma. O silencio
administrativo e os actos presuntos. Eficacia do acto administrativo. A
notificación e a publicación. Invalidez dos actos: actos nulos e actos
anulables.
Tema 17.-O procedemento
administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Revisión dos
actos en vía administrativa. Os recursos administrativos: concepto e clases. O
recurso contencioso administrativo. Responsabilidade das administracións
públicas.
Tema 18.-Funcionamento das
institucións sanitarias. Servizo de documentación clínica hospitalaria. Servizo
de Admisión. Servicio de Atención ao Paciente.
Tema 19.-As subministracións.
Subministracións internas e externas. Recepción e almacenamento de
mercadorías. Organización do almacén. Distribución de pedidos.
Tema 20.-A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación.
Diferenza entre información e comunicación. Tipos de comunicación. Atención ao
público: acollida e información ao usuario.
Tema 21.-Clasificación e arquivo de documentos. Ideas xerais sobre o
sistema de clasificación. Documentación de uso das institucións sanitarias:
administrativa e clínica. Arquivo de documentos: natureza e
clases de arquivos. Funcionamento dos arquivos. Entrada en arquivo, saída en
arquivo e devolucións. Dereito de acceso a arquivos e rexistros.
Tema 22.-Informática: o
ordenador; dispositivos centrais e periféricos; redes informáticas; o
microprocesador; soportes informáticos.
Tema 23.-Sistemas operativos
máis frecuentes. Os seus elementos comúns. Administrador de arquivos.
Administrador de impresión. Impresoras.
Tema 24.-Ofimática: procesador
de textos; base de datos; folla electrónica de cálculo; gráficos de oficina;
axenda e correo electrónico. Intranet: concepto e utilidade. Internet.