Temario Fontaneiro
Parte común.
Tema 1.- A Constitución española: Principios fundamentais,
dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na
Constitución.
Tema 2.- O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A
Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3.- A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e
características. Competencias das Administracións públicas en relación coa
saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.- O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos
de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición
e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal.
Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario.
Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e
negociación colectiva.
Tema 5.- O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo.
Permisos e licencias.
Tema 6.- A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de
Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O
Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.- A Atención Primaria da Saúde:
concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na
Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada:
concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na
Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.- Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e
medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos
laborais do Sergas.
Parte
específica.
Tema 9.-
Conceptos fundamentais en fontanería. Caudais e consumos, velocidade,
desprazamento da auga, relación entre caudal, velocidade e sección. Presión,
relación presión-altura, perdas de carga, golpe de
ariete.
Tema 10.-
Soldaduras. Tipos, materiais a empregar e técnicas.
Tema 11.-
Tratamentos da auga. Composición da auga de consumo, descalcificación,
desmineralización, PH, xeneralidades sobre os equipos de tratamento de auga.
Tema 12.-
Corrosións e incrustacións. Tipos de corrosión, medidas de prevención e
protección.
Tema 13.-
Instalacións interiores. Deseño e montaxe de instalacións, dimensionamento e caudais mínimos en aparellos domésticos.
Tema 14.-
Elementos das instalacións. Tubaxes e accesorios, válvulas e
dispositivos de control, grifería sanitaria,
contadores, alxibes.
Tema 15.-
Bombas e grupos de presión. Tipos e funcionamento das bombas,
compoñentes dun grupo de presión.
Tema 16.-
Instalacións de fluxores. Dimensionado,
características e funcionamento.
Tema 17.-
Instalacións de rega e piscinas. Características e dimensionado
da rede de rega, materiais nunha rede de rega, instalacións de piscinas.
Tema 18.-
Instalacións de auga quente sanitaria. Tipos, materiais e
características.
Tema 19.-
Rede de evacuación e desaugadoiros. Instalación, dimensionamiento
e materiais.
Tema 20.-
Sistemas contra incendios. Rede de distribución. Grupo de presión. Bocas
de incendios equipadas. Rociadores. Extintores.
Tema 21.-
Estacións depuradoras de augas residuais. Xeneralidades.
Tema 22.-
Prevención de lexionella. Xeneralidades e
medidas preventivas.
Tema 23.-
Inspeccións e probas das instalacións.
Tema 24.-
Máquinas e ferramentas. Clases, condicións de traballo.
Tema 25.-
Normativa e interpretación de planos, simboloxía.
Tema 26.-
Mantemento de fontanería. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e predictivo. Plans de mantemento preventivo de equipos e
instalacións.
Tema 27.-
Protección medioambiental. Nocións básicas sobre contaminación
ambiental. Principais riscos medioambientais ligados
ás funcións da categoría.
Tema 28.-
Prevención de riscos laborais. Riscos laborais específicos nas funcións
do fontaneiro, medidas de protección individuais e colectivas ás funcións da
categoría.