Fisioterapeuta.

Parte común. 

 

Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

 

Tema 2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

 

Tema 3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

 

Tema 4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

 

Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.

 

Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

 

Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

 

Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.

 

Parte específica. 

 

Tema 9.-Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos. 

 

Tema 10.-Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do paciente. 

 

Tema 11.-Calidade no Sistema Nacional de Saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación. 

 

Tema 12.-Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitivas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado. 

 

Tema 13.-Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria. 

 

Tema 14.-Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo. 

 

Tema 15.-Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo. 

 

Tema 16.-Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicolóxico ao paciente, coidador principal e familia. 

 

Tema 17.-Xestión e planificación de servizos sanitarios: concepto. Produto sanitario: concepto. Carteira de servizos: concepto. 

 

Tema 18.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto. 

 

Tema 19.-Prevención e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Factores de risco para a saúde nas distintas etapas da vida (infancia, adolescencia, adulto e ancián): identificación de factores de risco e medidas que se deben adoptar. 

 

Tema 20.-A educación para a saúde individual, grupal e comunitaria: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas. Criterios para a elaboración de programas de educación para a saúde. Grupos de autoaxuda: concepto. 

 

Tema 21.-Unidades de fisioterapia de atención especializada: coordinación da actividade fisioterapéutica cos distintos servizos e departamentos do hospital. Coordinación entre niveis asistenciais: protocolos conxuntos. Unidades de fisioterapia en atención primaria: consulta fisioterápica, coordinación cos equipos de atención primaria. Sala de fisioterapia. Fisioterapia grupal e atención comunitaria. 

 

Tema 22.-Metodoloxía de intervención en fisioterapia asistencial. Aspectos do diagnóstico fisioterapéutico: entrevista clínica, exploración física. Definición de problemas, obxectivos e plans de actuación. Discapacidade, deficiencia e minusvalidez: concepto. 

 

Tema 23.-Sistemas de información utilizados en atención primaria e atención especializada: historia clínica. Rexistros específicos de actividade en atención primaria e atención especializada. Informe á alta. Clasificacións internacionais de problemas de saúde (CIAP, CIE-9, NANDA): características xerais. 

 

Tema 24.-Cinesioloxía: eixes e planos do corpo. Movementos articulares elementais. Goniometría articular: concepto, rexistro, técnicas goniométricas e amplitudes articulares dos MM.SS. MM.II. e columna vertebral. Valoración muscular: principios xerais, sistemas de gradación, técnica de valoración muscular. 

 

Tema 25.-Fisioterapia respiratoria. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes: EPOC e asma. Cirurxía cardiorrespiratoria e outras cirurxías. 

 

Tema 26.-Fisioterapia en pacientes críticos. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico: pacientes en UCI, infarto de miocardio. 

 

Tema 27.-Fisioterapia en traumatoloxía. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes. Fisioterapia no deporte: técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes. 

 

Tema 28.-Fisioterapia nas patoloxías osteoarticulares e de partes brandas. Alxias crónicas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes. 

 

Tema 29.-Fisioterapia nas malformacións conxénitas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes. 

 

Tema 30.-Fisioterapia na reumatoloxía. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes: artropatías inflamatorias, reumatismos dexenerativos, periartrite escápulohumeral. 

 

Tema 31.-Fisioterapia na patoloxía neurolóxica do sistema nervioso central: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes do sistema nervioso central: síndromes neurolóxicas, lesións da medula espiñal, lesións cerebrais. 

 

Tema 32.-Fisioterapia na patoloxía neurolóxica do sistema nervioso periférico: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas afecciones máis frecuentes: poliomielite anterior aguda, lesións do plexo braquial e membro inferior, parálises periféricas tronculares. 

 

Tema 33.-Fisioterapia no desenvolvemento psicomotor do neno normal: valoración e actividades de promoción e prevención. Valoración e métodos de tratamento fisioterapéutico da parálise cerebral (PC), valoración dos trastornos motores e dos trastornos asociados. Educación terapéutica do PC. 

 

Tema 34.-Fisioterapia no ancián: valoración fisioterapéutica, escalas de actividades da vida diaria (AVD), actividades de prevención e promoción. Atención fisioterapéutica no ancián discapacitado. Os accidentes no ancián: caídas e outros riscos. Plan Xerontolóxico Nacional: xeneralidades. 

 

Tema 35.-Fisioterapia no adulto. Plan fisioterapéutico personalizado en pacientes con: hipertensión (HTA), diabete, obesidade e risco cardiovascular. Técnicas de rehabilitación do solo pélvico. 

 

Tema 36.-Fisioterapia en patoloxías vasculares periféricas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. Paciente amputado. 

 

Tema 37.-Fisioterapia nas alteracións da aliñación vertebral. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. 

 

Tema 38.-Cinesiterapia: concepto e modalidades. Principios xerais, indicacións e contraindicacións. Cinesiterapia pasiva e activa. Definición, tipos. Efectos terapéuticos, indicacións e contraindicacións. 

 

Tema 39.-Cinesiterapia activa-resistida. Definición. Métodos de potenciación muscular. Indicacións e contraindicacións. Cinesiterapia activa específica: exercicios de Codman, Buerger, Frenkel, Chandler e Propiocepción. 

 

Tema 40.-Electroterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Clasificación das correntes eléctricas máis utilizadas en fisioterapia. Ensamblaxe entre o aparello de electroterapia e o paciente: factores que se deben valorar. Normas de seguridade no manexo de aparellos de electroterapia. 

 

Tema 41.-Técnicas electroterápicas con correntes de baixa, media e alta frecuencia. Indicacións terapéuticas e contraindicacións. Factores que hai que ter en conta na dosificación das diferentes técnicas electroterápicas. 

 

Tema 42.-Ultrasonoterapia, laserterapia, magnetoterapia. Indicacións terapéuticas e contraindicacións. Técnicas de aplicación. 

 

Tema 43.-Masoterapia. Concepto, indicacións e contraindicacións. Efectos terapéuticos. Técnicas de masoterapia e manobras fundamentais: rozamento, frición, presión, amasamento, vibración e percusión. Técnicas especiais de masoterapia: masaxe transverso profundo, drenaxe linfática manual e masaxe do tecido conxuntivo: efectos fisiolóxicos e terapéuticos, técnicas específicas, indicacións e contraindicacións. 

 

Tema 44.-Mecanoterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Equipamentos especiais: aparellos de tracción, bicicleta cinética, mesa de man, espaleiras, escaleiras, ramplas, escadas de dedos, táboa de Boheler: utilidades e aplicacións. 

 

Tema 45.-Suspensioterapia e poleoterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Principios xerais. Utilidades e aplicacións. 

 

Tema 46.-Avaliación da marcha normal e patolóxica. Reeducación nas diferentes patoloxías. 

 

Tema 47.-Termoterapia e crioterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Formas de propagación da calor. Termorregulación: estímulo térmico e frío. Técnicas de aplicación, efectos fisiolóxicos e terapéuticos. 

 

Tema 48.-Hidroterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Principios xerais. Tipos de auga. Temperatura da auga. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos. Técnicas hidroterápicas: baños, compresas e envolturas, ablucións, procesos hidrocinéticos. 

 

Tema 49.-Fisioterapia nas alxias vertebrais. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. Escola de costas: hixiene postural e prevención. Terapias manuais. 

 

Tema 50.-A vendaxe funcional: concepto e aplicacións. Material necesario. Métodos. Indicacións e contraindicacións.