logo Conselleria
logo SERGAS

Buscador de actividades

     

   


AVALIACIÓN DA CALIDADE DE GUÍAS DE PRÁCTICA CLÍNICA: MÉTODO AGREE

Finalizou o prazo de inscrición  
Estado:
Causa:

Promove: PROGRAMA ÚLCERAS FORA

Código: 176290
Nº edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas máximas: 50
Cota: GRATUITA

Programador/a docente: -
Lugar de celebración: Teleformación (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
Datas: do 1 ao 25 de setembro de 2017
Horario: -
Destinatario: Médicas/os, enfermeiras/os e farmacéuticas/os por orde preferente: 1º) Referentes en feridas para a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde. 2º) Membros do grupo FEMORA

Obxectivos: Obxectivo xeral: Dotar as/os participantes das habilidades necesarias para unha correcta avaliación da calidade das guías de práctica clínica. Obxectivos específicos: Coñecer que son e para que serven as guías de práctica clínica. Recoñecer a calidade dunha guía de práctica clínica. Saber que guías de practica clínica son recomendables. Adquirir habilidade no uso do AGREE como ferramenta de avaliación da calidade das guías de práctica clínica. Coñecer que guías de practica clínica hai publicadas sobre deterioro da integridade cutánea e tisular

Contidos xerais: - Introdución ás Guías de Práctica Clínica. Definición, tipos, estrutura e utilidade. - Cómo avaliar a calidade dunha Guía de Práctica Clínica. Indicadores de medida da calidade metodolóxica e da evidencia dunha GPC. Tipos de instrumentos de avaliación da calidade de GPC - Avaliación de Guías de Práctica Clínica a través do instrumento AGREE. Manual de uso do AGREE II. Plataforma virtual AGREE Plus - Práctica de avaliación de Guías de Práctica Clínica.

 

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia