• Galego
  • Castellano
  • Menú
  • Buscador actividades formativas
  • Aula Virtual
  • Login
A miña actividade
  • INS Inscricións no ano
  • ACT Actividades recibidas
Actividades recibidas
  • AFA Actividades formativas activas
  • AFR Actividades formativas rematadas
Axencia de Coñecemento en Saúde Servicio Galego de Saúde Consellería de Sanidade
  • Galego
  • Castellano
Actividades Formativas
Axencia de Coñecemento en Saúde Servizo galego de Saúde Consellería de Sanidade

F Ficha Técnica do Curso

AMF. ACTUALIZACIÓN EN MEDICINA DE FAMILIA

Datos técnicos do curso
Código 2518759
Organizado por Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Para consultas MARIO MOSQUERA VEREA
Periodo de Inscrición 17/01/25 - 04/03/25
Datas de realización Ao longo de todo o ano 2025. Máis información no "Programa actividade formativa" ao pe desta páxina web.
Lugar de realización Teleformación (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
Nº Prazas 420
Nº Inscritos 420
Horario 16:30 - 20:30
Horas Lectivas 0

Ficha do curso
Contidos xerais A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde en colaboración coa ACIS e a Sociedad Española de Medicina Familiar y Comunitaria (semFYC), ofrecémosvos a subscrición ao Programa de Formación AMF "Actualización en Medicina de Familia", O persoal admitido ata completar as prazas ofertadas terá acceso ao portal electrónico www.amf-semfyc.com que dispón dun sistema de avaliación dos coñecementos adquiridos coa obtención, se procede, dos créditos correspondentes. Máis información no programa ao pe desta páxina web.
Obxectivos AMF ten como misión proporcionar aos médicos de familia unha ferramenta de formación continua, baseada no programa da especialidade, deseñada e elaborada polos propios médicos de familia. Os seus obxectivos son: Promover a formación continua baseada nas mellores evidencias dispoñibles no ámbito da Medicina Familiar. Capacitar aos especialistas en MFyC nas habilidades necesarias para a abordaxe das patoloxías e síndromes máis prevalentes na Atención Primaria. Actualizar os coñecementos sobre as distintas patoloxías abordadas, incorporando as últimas evidencias dispoñibles e ofrecendo, desta forma, unha posta ao día de calidade en fundamentos fisiopatolóxicos, diagnóstico e tratamento das mesmas.
Destinatarios Por orde preferente: 1º) Titores/as de medicina familiar e comunitaria. 2º) Colaboradores/as docentes de medicina familiar e comunitaria. 3º) Xefes/as de servizo con Plan Local de Saúde. 4º) Residentes de medicina familiar e comunitaria de cuarto ano. 5º) Outros médicos/as de atención primaria. 6º) Residentes de tercer, segundo e primeiro ano, por esta orde. Resérvase o 40% das prazas para profesionais en formación. As persoas inscritas neste programa formativo ofertado no ano 2024 quedarán excluídas se non completaron as probas de avaliación.

Descarga de documentación
Condicións de inscrición  |  Programa actividade formativa
Volver
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde
Turismo de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde